Como sabemos este luns, 17 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas en honor a Xela Arias.
Dende o equipo de dinamización imos a propoñer un xogo de pistas para realizar na carballeira de Santa Minia de Brión.
Debido á situación sanitaria actual, a actividade será relizada por grupos con vistas a cumprir as medidas do protocolo COVID, Por iso, realizaremos a actividade ao longo de cinco días, dende o 19 ao 24 de maio.
Para a realización do xogo de pistas contamos cun dossier coas pistas adaptadas á idade do alumnado, Por iso, son elaborados 3 dossieres que podedes visualizar a continuación;
DOSSIER 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA
DOSSIER 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.
ALGUNHAS MOSTRAS DAS ACTIVIDADES A REALIZAR ESE DÍA
ALGUNHAS DAS FOTOS DA ACTIVIDADE; NUN LUGAR TAN SINGULAR COMO A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA.
Para traballar a Xela Arias hai varios recursos na aula virtual do centro. E tamén colgamos o dossier coas diferentes probas. Aínda está por rematar. De todas formas se queredes ir dandolle un vistazo tamén está colgado neste enlace. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/course/view.php?id=285#section-6
(comentar que non son todas as probas para todos os niveis. O equipo de dinamización elixe e elabora un dossier para cada nivel en función da dificultade)