Convócase ás familias do alumnado de 1º de primaria a unha reunión presencial no centro. Para unha maior seguridade precisamos que:
-
O acceso será con máscara, respetando as medidas de hixiene e seguridade. Entraráse pola cancela pequena polo acceso do alumnado de 1º e 2º, onde se agardará a que a mestra os chame e nos dirixiremos ao lugar de reunión.
-
Só pode vir un membro de cada familia. @s nen@s non poden vir. No caso de pais e nais separados, poñerse en contacto coa titora.
-
Cada titoría fará dúas reunións de 10 persoas máximo en cada unha delas.
-
Enviaremos un ABALAR indicando cal é a hora que corresponde a cada familia. Prégase confirmar asistencia por Abalar ou correo electrónico da titora.
DATAS
- 1ºA: MARTES 29 DE SETEMBRO
17:00h a 17:45h
18:00h a 18:45h
- 1ºB: MÉRCORES 30 DE SETEMBRO
17:00h a 17:45h
18:00h a 18:45h
- 1ºC: PENDENTE DE DATA , ATA A INCORPORACIÓN DE HELENA.
- 1ºD: XOVES 1 DE OUTUBRO:
17:00h a 17:45h
18:00h a 18:45h