Skip to Content

IMPORTANTE! REAPERTURA PRAZO DE ADMISIÓN CURSO 2020-21

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

  Novos prazos do procedemento:

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:

ata o día 26 de maio de 2020.

 ● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:

antes do 9 de xuño de 2020.

 ● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días  hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 ● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido:

 ata o 26 de xuño de 2020.

 ● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria:

 do 1 ao 10 xullo de 2020.

 Este procedemento tamén se pode facer por vía telemática.

A SECRETARÍA DO CENTRO PERMANECERÁ ABERTA  ENTRE AS 10:00 H. E AS 13:00 H.

 Só para atender as solicitudes do procedemento de ADMISIÓN.

 Pola saúde de tod@s, é moi importante que na medida do posible, traiades luvas, máscara e respetedes as instrucións de hixiene e distanciamento físico.

  Lembrade que este proceso afecta só ao alumnado de nova matrícula no centro, o que xa está no presente curso no centro non ten que facer nada por agora. O alumnado que vai para o IES ten que formalizar a matrícula entre o 1 e o 10 de xullo.

 Para o resto de cuestións seguiremos como ata agora, atendendo no teléfono 881866078 e no correo electrónico ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

 Grazas pola vosa colaboración.

Ánimo, apertas e moita SAÚDE.

A RESOLUCIÓN completa pode consultarse no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf



page | by Dr. Radut