Skip to Content

CURTAMETRAXES EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado xoves, 3 de outubro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria acompañado de oito profes, fomos ao Salón Teatro de Santiago.

O bus deixounos frente ao IES Rosalía de Castro e fomos andando ao Salón Teatro que está na rúa Nova. Alí vimos nove curtametraxes moi chulas. A min, as que máis me gustaron foron Fóra de pista e Mohgu e Perol.

Logo merendamos na alameda e volvemos cantando cancións !!!!!

MOHNGU  E  PEROL

Mohngu cociñaba moi ben. Facía a comida para él pero Perol comíalla. Un día Mohngu estaba collendo moras azuis e como Perol tiña moita fame colleu unha. Comeuna, picoulle moito, enfadouse con él e díxolle que xa non eran amigos. Pola noite saiu a ver que era ese  ruído e viu a Perol. Tiña moita fame!!!

Mohgu empezou a cociñar a toda présa e montou un banquete. De alí a un pouco empezaron a comer coma bestias.Mohgu fixo un pastel de moras e o amigo non se atrevía a probalo. Probouno, cerrou os ollos e dixo: está boísimooo!!!

                                                                                   Andrés Martínez - 4º Primaria



page | by Dr. Radut