Esta é a actividade que trouxo hoxe Montse Rivera ao noso Centro para falarnos de como era o traxe tradicional galego, o de diario e o de festa, o dos homes e os das mulleres, mentres nos ía pondo as distintas prendas que compuñan os catro traxes que nos mostrou. E todo isto acompañado de cantigas !
Foi esta unha homenaxe a Antonio Fraguas, un grande estudoso do traxe galego, que inspirou a Montse para facer este obradoiro.
Para finalizar, como non había traxes para todos, puidemos pasar por un photocall para pornos na pel dos nosos devanceiros.