O 10 de outubro fomos ao Museo Gaiás da Cidade da Cultura a ver as exposicisións Castelao Maxistral e Arte Galega.
Na exposición de Castelao vimos o cadro A derradeira lección do mestre , que me produciu tristeza porque aparecía un profe morto, que asasinaran por ensinarlles aos nenos a pensar como quixeran .
Na exposición de Arte Galega destaco o cadro Vista de Paris, do pintor Virxilio Blanco Garrido, que me sorprendeu do bonito que era. O cadro tiña pintado casas de París e ao fondo víase a Torre Eiffel.
Lúa López Rodríguez