Membros da Sociedade Xuvenil Galega de Química impartiron un obradorio de ciencia no que fixemos varios experimentos, con nomes tan suxerentes como :
- Cromatografía : Comprobamos que algúns rotuladores están formados por máis dunha cor usando esta técnica de separación e purificación de compostos químicos.
- Inverno nunha cunca : Fixemos neve artificial con poliacrilato de sodio, polímero superabsorbente que multiplica o seu volume cando se hidrata.
- Basilisco do inferno: A combustión da mistura de bicarbonato e azucre produce carbono e CO2, formando unha escuma sólida, que realmente parecía un bicho do máis alá.
- Esferificación de Coca Cola aplicando alginato.
Esperamos ter despertado a curiosidade e o interese pola ciencia do noso alumnado, e quen sabe se desta experiencia sae algunha química ou químico no futuro !!