Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL ESCOLAR

Ven de convocarse a orde do 3 de maio de 2019 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, secundaria e educación especial, para o curso escolar 2019/2020 (DOG 20 de maio 2019)

Convócanse tres tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:  Alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria (curso 2019-2020).

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros de texto.

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis (6) libros con independencia da renda.

2.-AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria (curso 2019-2020)

- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €

- Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 170€ con independencia da renda.

3.-AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de primaria
(curso 2019-2020)

Todo o alumnado matriculado en Educación primaria. (curso 2019-2020), con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 50 €

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 21 de maio ao 21 de xuño de 2019 incluídos

Modelo solicitude

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal). Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente  tamén pode presentarse  no centro docente utilizando o formulario (anexo I) dispoñible en: https://sede.xunta.gal. ou http://www.edu.xunta.es, tamén estará a disposición dos interesados no centro docente.

Xunto coa solicitude (anexo I) deberá presentarse:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando os seguintes medios:

1º Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º Certificado ou volante de convivencia.

3º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditatita da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nei ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

* De tódala documentación que se presente deberán achegar fotocopias e os respectivos orixinais para verificar a súa autenticidade.

(Máis información consulte o DOG).

AdxuntoTamaño
fondolibros.pdf1.16 MB
Anexo I e II.pdf2.32 MB


page | by Dr. Radut