De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, durante o mes de novembro realizarase o proceso de renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR do centro, que é o órgano de goberno e participación con representantes de toda a comunidade educativa.
Para elo é preciso, inicialmente, crear a Xunta electoral da que forman parte :
-
O director do centro.
-
Un profesor ou profesora.
-
Un pai, nai ou titor legal.
-
Un representante do persoal de administración e servizos
Os tres últimos serán designados por sorteo, segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo será público e celebraráse o próximo luns, 24 de outubro, ás 16:45h. na biblioteca do centro. Tamén se designarán os/as suplentes.
Nos taboleiros do centro están expostos os listados de pais, nais e titores/as legais que entrarán no sorteo da Xunta Electoral. Se atoparan algún erro, rogamos o comuniquen na dirección.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
Pedrouzos, 20 de outubro de 2016
A Dirección