O Consello Escolar do centro, consultada a Consellería de Educación, e aplicando a instrucción 1/2016, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio de 2016, revisou e baremou as solicitudes presentadas, tendo en conta que as circunstancias e criterios segundo o cal foron concedidas as prazas no curso pasado variaron, polo que ser usuario do servizo no curso 2015/16, non será o primeiro criterio na orde de preferencia.
O número de prazas totais ofertadas para o curso 2016/17 serán probablemente 368, reservándose 4 para posibles altas de alumnado con situación de risco de exclusión social.
9 de setembro de 2016
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LISTAXE COMEDOR 2016-17-09092016.pdf | 167.63 KB |