Eventos
O vindeiro 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Na escola querémonos sumar á celebración desa data pois pensamos que é moi necesario concienciar, dende os inicios, da tolerancia cero cara a calquera tipo de violencia. Nesta ocasión queremos facer un mural-exposición-repesentación durante os días 22 e 23. Para a celebración contaremos cos zapatos vermellos que dende as familias poidades aportar; se tedes algún par de zapatos ou zapatillas vermellas mandádeos co nome para telos ben identificados.
Cremos que esta actividade propicia tamén que se fale nas vosas casas deste tema, que se dea difusión, que cada vez sexamos máis @s que digamos NON.
Charla sobre hábitos saúdables para Infantil.
A farmaceútica Marta Rios Fandiño falará cos máis pequenos do cole sobre a importancia de ter unhs hábitos saúdables para estar fortes e sans.
Esta Charla enmárcase dentro das actividades organizadas polo colexio de farmaceúticos da Coruña.
Horario:
09:45 - 10:40
10:40 - 11:35
11:35 - 12:15
Lugar: Ximnasio de Infantil
O farmacéutico de Santa Minia, Francisco Rodríguez Seara, impartirá unha charla para as familias sobre alimentación e a importancia dunha dieta variada e equilibrada nos nosos fillos/as. Estas charlas están organizadas polo colexio de farmaceúticos da provincia da Coruña dentro das campañas sanitarias para centros escolares.
A charla será para as familias ás 18:15h na biblioteca do centro
Votación para a elección dos representantes de pais/nais no Consello Escolar
Horario. 14:30 A 18:00h
Lugar: Biblioteca do centro
Elección dos representantes do profesorado no Consello Escolar
Claustro extraordinario 17:30h
Curso de programación en SCRATCH (programación robótica) organizado polo Colexio de Inxeñeiros Informáticos de Galicia. Destinado ao alumnado de sexto de primaria que o solicitou.
2ª sesión
Horario: 16:30h. a 18:30h.
Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero
O obxectivo da campaña Quen dixo medo? é sensibilizar para a prevención da violencia de xénero e coñecer as características e dimensións desta problemática social para a súa erradicación definitiva.
Alumnado destinado: nenos/as de sexto de infantil e quinto de primaria.
Horarios:
Día 29 - 10:00h. 6º de infantil (A-B)
11:00h. 5ºA de primaria
13:05h. 5ºC de primaria
Día 30 - 09:45h. 5ºB primaria
10:35h 4ºA primaria
11:25h 4ºC primaria
13:05h 4ºB primaria
Convocada a 3ª e última reunión da Xunta electoral.
Orde do día:
Lectura e aprobación se procede da acta da anterior xuntanza
1-Proclamación de representantes electos de pais/nais/titores/as
2-Proclamación de representantes electos do profesorado
3-Proclamación de membros do Consello escolar
Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero
O obxectivo da campaña Quen dixo medo? é sensibilizar para a prevención da violencia de xénero e coñecer as características e dimensións desta problemática social para a súa erradicación definitiva.
Alumnado destinado: nenos/as de sexto de infantil e quinto de primaria.
Horarios:
Día 29 - 10:00h. 6º de infantil (A-B)
11:00h. 5ºA de primaria
13:05h. 5ºC de primaria
Día 30 - 09:45h. 5ºB primaria
10:35h 4ºA primaria
11:25h 4ºC primaria
13:05h 4ºB primaria
Curso de programación en SCRATCH (programación robótica) organizado polo Colexio de Inxeñeiros Informáticos de Galicia. Destinado ao alumnado de sexto de primaria que o solicitou.
3ª sesión
Horario: 16:30h. a 18:30h.
Dentro das actividades organizadas polo Concello no festival "INCLÚE", teremos no centro un contacontos en linguaxe de signos para o alumnado de Infantil e un obradoiro de sensibilización para 1º e 2º de primaria.
Infantil: 9:45h A 10:15h e 10:15h A 10:45h en psicomotricidade
1ºPrimaria e 2º primaria: 11:00h - 12:00h no ximnasio
Día da Constitución - Non lectivo
Día non lectivo
Curso de programación en SCRATCH (programación robótica) organizado polo Colexio de Inxeñeiros Informáticos de Galicia. Destinado ao alumnado de sexto de primaria que o solicitou.
4ª sesión
Horario: 16:30h. a 18:30h.
O 12 de decembro disfrutaremos no noso centro de dúas obras de teatro en lingua inglesa. Como en anos anteriores a compañía que nos visitará é FACE2FACE.
Haberá dúas sesións ás 11:30h e ás 12:30h
As obras representadas son:
Jack the Giant (Infantil, 1º e 2º primaria)
Tarzan (3º a 6º primaria)
Visita ao Museo de Historia Natural dos grupos de 4º de Primaria.
Curso de programación en SCRATCH (programación robótica) organizado polo Colexio de Inxeñeiros Informáticos de Galicia. Destinado ao alumnado de sexto de primaria que o solicitou.
5ª sesión
Horario: 16:30h. a 18:30h.
Vacacións de Nadal
Rematamos o ano cunha gran chocolatada con rosca!!!
Bo proveito e a disfrutar deste merecido descanso.