Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Estimadas familias:
Convócasevos a unha reunión informativa sobre distintos aspectos relacionados co inicio do curso 2021/ 2022 que comeza o día 9.
A reunión terá lugar o mércores 8 de setembro nas aulas correspondentes a cada curso no seguinte horario:
- Educación Infantil: 11:00.
- 1º, 2º e 3º de Educación Primaria: 12:00.
- 4º, 5º e 6º de eDucación Primaria: 13:00.
Esperámosvos!
Un saúdo!!
A última sesión, de despedida, serve para repasar experimentos coa mestura de elementos que producen distintas reaccións.
Non obstante o punto forte é o lanzamento dun cohete grazas a mestura do vinagre e a auga nunha botella. O resultado? Pincha no vídeo!
Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias.
A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.
Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos
Para máis información:
Portal web de “Xanela aberta á familia”: https://vida-saudable.sergas.gal/
Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón
Inscripción no sistema de avisos da “Xanela aberta á familia”: ligazón
Para achegar calquera consulta ou suxestión escribir a: vida.saludable.eps@sergas.es vida
Seguimos descubrindo cousas novas a experimentación co xeo seco e os seus cambios de estado. Pero como non pode ser de outra maneira, tamén cambiamos os nosos coñecementos previos facéndonos distintas preguntas… Qué é o que se tira ao contenedor verde? E ao azul?
Para sabelo os nenos xogan reciclando distintos elementos, para despois pasar a explicárselles que é o que se ten que botar en cada un dos contenedores.
A mensaxe é clara: axudemos a coidar o noso entorno!
Nesta ocasión o alumnado coñece diferentesespecies ecaracterísticas principais de distintos animais mariños (cabaliños de mar, pequenos tiburóns…) e os procesos que se levan a cabo para poder conservalos. Temos que destacar o gran comportamento que teñen todas as nenas e nenos nas distintas sesións do clube de ciencia.
Seguimos aprendendo!! Ata a próxima.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 ao 22 de marzo.
O formulario poderá cumprimentarse na aplicación “admisionalumnado”, ou ser descargado e cumprimentado de forma manual. Tamén se poderá descargar e/ou cumprimentar da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (no procedemento con código ED550B).
Aínda que o xeito de tramitación preferente é a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (acceso coa Chave365 ou co certificado dixital), na secretaría da escola tamén se poderá recoller e presentar a documentación.
Premendo aquí pódese descargar unha guía que pode ser de axuda para cubrir a solicitude.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
1.Anexo II e II (bis) con código ED550B: solicitude de admisión asinada polos dous proxenitores.
2.Copia do DNI do/s proxenitor/es ou titor/es, aínda que non vos opoñades á consulta dos datos.
3.Documento acreditativo da idade do/a alumno/a: Fotocopia do DNI ou da folla do libro de familia.
4.Fotocopia completa do libro de familia.
5.Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
6.Certificación académica expedida pola secretaría do centro anterior (só para o alumnado procedente doutros centros).
7.De darse o caso, documentación que acredite a solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conducta). No caso de alegarse situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais, achegarase informe dos servizos oficiais competentes que acrediten as circunstancias alegadas.
8.Modelo de elección de materia. Pode descargar aqui
ANTE CALQUER DÚBIDA, PODE POÑERSE EN CONTACTO CON NÓS:
Télefono 881866358/59
Correo: ceip.artes.ribeira@edu.xunta.gal
Á volta do Nadal as nosas nenas e nenos experimentan e pregúntanse que é o PH e onde se atopa.
Para darlle resposta deixámoslles experimentar mesturando o caldo de col lombarda con vinagre, orixinando unha acidez elevada (cor vermello); e o caldo con auga e bicarbonato pouca acidez (cor azul).
Como podemos ver , empregando o método científico o alumnado aprende e ante todo pásao moi ben!