Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Hoxe chegou o Samaín a Artes.
Como podemos ver atopámonos con criaturas de todos os tipos que dan moitísimo medo!!
A xornada comezou coa elaboración dunhas riquísimas galletas de Samaín nas que o noso alumnado amasou, mesturou ingredientes.... e por suposto degustou o resultado do seu traballo
Tampouco podían faltar as lecturas dos terroríficos contos de Samaín feitos polas nen@s e as historias de terror contadas polos mestres que fixeron que todo o mundo pasara moitísimo medo..... acompañad@s como non das impresionantes cabazas que trouxeron o cole.
En definitiva, un día realmente especial do que xa temos moitas ganas de volver a gozar o ano que ven!!
Hoxe deu comezo o Clube de Ciencias 2022- 2023 cunha clase onde as nenas e nenos retomaron o contacto coas distintas experiencias que nos ofrece este programa.
Experimentaron coas reaccións químicas......
E a razón das mesmas, para rematar cun experimento relacionado co lume moi visual, co que o noso alumnado gozou das distintas explicacións que podemos atopar nas interaccións dos produtos que atopamos na nosa contorna.
Sempre cunha participación activa para fomentar un aprendizaxe práctico e vivencial.
Ata a próxima!!
De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Iniciamos o proceso para a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores da comunidade educativa do centro.
Infórmase que o vindeiro VENRES 28 de outubro, na dirección do centro, ás 12:00 procederase ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.
Artes, 27 de outubro de 2022
Para inaugurar a biblio, este ano sementamos diferentes especies de plantas. Tivemos uns/as magníficos/as axudantes/as que levaron a cabo a tarefa. A biblio quedou bonitísima e oficialmente inaugurada!
Estimadas familias:
Tal e como saíu publicado no DOG Número 196 do venres 14 de outubro de 2022, os beneficiarios e beneficiarias do vale para a axuda á compra de material escolar por importe de 50€, xa poden pasar polo colexio para recoller o "vale ampliación axuda" por importe de 25€.
*Preferiblemente en horario de 9:30 a 10:00.
A dirección do centro.
Polo día Europeo das Linguas o alumnado do centro realizou una visita ao centro cultural Lustres Rivas. Nel asistiron a un contacontos así coma a visualización dos traballos expostos na XIII Bienal de pintura do Eixo Atlántico.
Moi boas!
Adxúntase a lista de libros de 1º e 2º para este curso 2022/2023:
|
1º curso |
|
|
Relixión |
RELIXIÓN CATÓLICA (ANAYA) Lorente Pérez, Jesús Mario / Ramírez Carbonero, Pilar |
97884 698 9736 2 |
GALEGO |
LENGUA CASTELLANA |
Primeros pasos PAUTA construyendo mundos (Ed. Santillana) |
978-84-680-7160-2 |
castellano |
MATEMÁTICAS |
Construyendo mundos Mochila ligera (Ed. Santillana) |
978-84-680-7131-2 |
castellano |
Ciencias da Natureza |
Construindo mundos (Ed. Santillana) |
978-84-9185-411-1 |
galego |
|
2º curso |
|
|
Relixión |
RELIXIÓN CATÓLICA (ANAYA) Lorente Pérez, Jesús Mario / Ramírez Carbonero, Pilar
|
978 84 698 9740 9 |
GALEGO |
LENGUA CASTELLANA |
SHContigo Mochila ligera (Ed. Santillana) |
978-84-680-4746-1 |
castellano |
MATEMÁTICAS |
SHContigo Mochila ligera (Ed. Santillana) |
978-84-680-4747-8 |
castellano |
Ciencias da Natureza |
Saber facer contigo (Ed. Santillana) |
978-84-9185-036-6 |
galego |
Hoxe regresamos á faena no noso querido horto, onde o alumnado estivo limpando os bancais para poder comezar a sementar cebolas, cenouras, coliflor e brócoli a semana que ven.
Como podemos observar,@s nen@s traballaron “duro” para que os dous primeiros bancais estén dispostos prara proceder á futura plantación.
Polo camiño atopáronse cuns “regalos” inesperados en forma de cebolas e cenouras que se repartiron entre o alumnado de infantil para que podan coñecelas e ao mesmo tempo gozar do seu sabor nos seus fogares coa familia.
Volvemos a próxima semana!
Un saúdo!
Desde o Ceip Plurilingüe de Artes damos a benvida ao novo curso que comezou hoxe con moita ilusión e ganas de seguir avanzando e crecendo tod@s xunt@s!!
Desde o centro faremos todo o posible para que o alumnado e toda a comunidade educativa se sinta cómoda co colexio e o seu funcionamento.
Como xa recordamos , o horario lectivo é de 9:15 a 14:15.
Ante calquera dúbida non dubiden en contactar con oso número de teléfono: 881866358
Un saúdo a tod@s!!!
Hoxe levouse a cabo o último sorteo da cesta debido a que non deron sinais @s anteriores afortunad@s.
Neste caso o número agraciado foi o...
263
A persoa afortunada ten ata as 14 horas do xoves 23 de xuño para reclamar o premio. En caso contrario, e debido á finalización do curso escolar, quedará deserto.