Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
O trimestre pasado o alumnado de infantil estiveron traballando os refráns. Aqui deixamos unha mostro do gran traballo que fixeron estes artistas.
Agardamos que vos guste
RESERVA DE PRAZA NO CEIP PLURILINGÜE DE ARTES
De acordo co disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, na Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 e a orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 informamos que:
O alumnado que pretenda iniciar os seus estudos no noso centro, en calquer curso, deberá presentar o formulario ED550B, na secretaría do centro, ou ben a través da sede electrónica da xunta coa chave 365.
O prazo de presentación comprende do 1 ao 20 de marzo do 2021.
Para máis información podedes ponervos en contacto coa escola a través do correo electrónico ou dos teléfonos.
RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: IES LELIADOURA
De acordo co disposto na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, na Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 e a orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 informamos que:
O alumnado de 6º curso de Educación Primaria que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, no noso caso é o IES LELIADOURA, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar o formulario normalizado (ED550A)na nosa escola, a través de calquera rexistro válido ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/), sendo esta a canle preferible de tramitación e para a que se precisa a Chave 365 ou o certificado dixital.
O prazo de presentación comprende do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021.
O alumnado que vaia a asistir a un centro distinto ao adscrito, IES Leliadoura, deberá presentar a solicitude de admisión no centro elixido, do 1 ao 22 de marzo.
Para máis información podedes poñervos en contacto coa escola a través do correo electrónico ou dos teléfonos.
Aproveitando a chegada do Nadal o noso alumnado traballa co algodón interno dos cueiros para formar distintas figuras e animais. Hai elefantes, monos, bonecos de neve….toda unha diversión!
Que pasedes un bo Nadal!
O 25 de novembro celebramos no centro o Día Internacional contra a violencia de xénero e fixemos varias actividades.
Os alumnos/as da aula de 4º e 5º convertíronse en compositores por un día e versionaron unha canción moi coñecida.
Aquí están cantando a súa versión de Hawai e, como veredes, están feitos uns artistas!!
Benvid@s a un novo curso escolar, atípico e descoñecido, pero que comezamos con moita ilusión.
Lembrámosvos os días de comezo das clases por cursos:
XOVES 10 DE SETEMBRO
- 4º e 5º de Educación Infantil
- 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
VENRES 11 DE SETEMBRO
- 6º de Educación Infantil
- 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
Bo comezo a tod@s
Estimadas familias:
Debido á situación actual, consideramos necesario convocalos a unha xuntanza para facerlles saber todos os cambios e novidades que se van a producir no centro durante este curso, así como a organización do mesmo. Para garantir o cumprimento das medidas de seguridade, levaranse a cabo diferentes reunións, nas que será preciso, ademáis, cumplir coas seguintes normas:
- Acudir con máscara.
- Manter a distancia interpersonal de seguridade.
- Asistir un só membro por familia
- O alumnado non poderá asistir a dita xuntanza.
As datas de celebración das distintas reunións serán as seguintes:
MARTES 8 DE SETEMBRO:
- 10:00h: Educación Infantil
- 12:00h: 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
MÉRCORES 9 DE SETEMBRO:
- 10:00h: 4º e 5º de Educación Primaria
- 12:00h: 6º de Educación Primaria
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
O futuro é incerto, e non estamos ante un verán ao uso. Por iso unha boa compañia, pode facermos levar mellor esta situación. Se pinchades aqui podes ver unha selección de libros.