Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
O trimestre pasado o alumnado de infantil estiveron traballando os refráns. Aqui deixamos unha mostro do gran traballo que fixeron estes artistas.
Agardamos que vos guste
A SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO
Durante esta semana, na aula de Infantil realizamos varios experimentos:
Decatámonos de como funciona a eletricidade estática e conseguimos que unha bolboreta de papel abrazase un globo e logo puxemos os pelos de punta a todalas /os compañeiras.
Outro día comprobamos como funciona a clorofila nas plantas e porque perden a cor verde moitas follas no outono.
Tamén observamos como diferentes líquidos disolvían os caramelos.
E, tamén, pintamos con leite e ao primeiro non se via nada de nada pero cando lle pasamos a plancha alí estaba o noso debuxo.
PASÁMOLO XENIAL!!
Os nenos e nenas da aula de Infantil, ao igual que o resto do alumnado do centro, pola Semana da Tradición Oral fixeron unhas adiviñas sobre o outono.
Aquí vos deixamos o documento onde podedes ler as adiviñas.....
Animádesvos a lelas?
Aquí estamos... preparando as bolsas onde meteremos as castañas do MAGOSTO. Aquí gardarémolas e logo....
degustámolas... UHMM!!! QUE RICAS QUE ESTÁN!!!
Os nenos e nenas da aula de Infantil celebramos o SAMAÍN e decoramos a aula para que dera moito medo aos que entraran... porque nós xa sabíamos que todo era de mentira.
Tamén inventamos un conto terrorífico e ilustrámolo.
Cando vaiades á BIBLIOTECA poderedes lelo e pasaredes moito medo... pero non vos preocupar porque ao final todo se soluciona.
E por suposto o último día disfrazámonos e pasámolo de rechupete.