Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Todos podemos usar a BIBLIOTECA.
Para ter acceso a todos os materiais que nela hai necesitas o carné da Biblioteca Escolar.
Hai que estar en silencio e se tes que falar faino en voz baixiña, como se contases un segredo, así non molestarás a os demais.
Busca onde sentarte, estar de pé pode resultar canso e incómodo.
Os libros están colocados por editoriais. Cando collas un faino con coidado e deixa o resto dos libros ben colocados. Lembra que o lombo ten que quedar cara a fóra, e se non sabes gardalo, dállo ao mestr@ ou encargad@ de biblioteca.
Se queres un libro para ler na biblioteca, utiliza a túa tablilla marcadora que che lembrará onde estaba o libro. Logo gárdaa no seu sitio.
Se non sabes que libro escoller, pregúntalle ao mestre/a, que che informará sobre os temas, autores, títulos,novidades...
Debes tratar os libros con coidado, non lle quites ningunha das pegatinas. Cada lector é responsable do libro que colle, e se o deteriora ou o perde terá que repoñer ou rembolsar o seu importe.
Se atopas un libro en mal estado avisa ao mestr@ ou axudante da biblioteca para que o leve á "caixa de curas".
Se queres facer unha tarefa (deberes, estudar, debuxar...) colócate na zona de traballo.
Podedes estar nos ordenadores para uso do alumnado e só un por ordenador; pero só se tedes gardada a quenda.
Usamos os mobles sen estragalos (subíndonos a eles, saltando, golpeándoos...)
Se queres comer e beber, faino antes de entrar.