Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Estimadas familias, os prazos de admisión son do 1 ao 20 de marzo. Recordade que pode ser no propio centro ou a través da plataforma online.
Deixamos enlace da páxina da xunta de xestión da admisión online así como aqueles documentos para facela presencial.
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Calquera dúbida, preguntádenos!!!
Unha pequena mostra da nosa andaina:
https://www.youtube.com/watch?v=-QJwZfCUVmQ
O ENTROIDO este curso levouse a cabo baixo o lema "No CEIPP de Artes coidamos do planeta". Unha campaña de sensibilización sobre o coidado do planeta Terra.
Na aula de infantil decidiron distrazarse de planetas Terra e a súa mestra de Capitán Planeta, e terán o reto de coñecer os seus problemas medioambientais e intentar solventalos entre todos.
A aula de 1º/2º/3º decidiron velar polo coidado das nosas árbores autóctonas, os carballos, contanto coa axuda da sua mestra a Capitana Anti-Tala.
O alumnado da aula de 4º/5º/6º preocupalles os mares e océanos, invadidos de plásticos, latas,... polo que xunto coa mestra Aquawomen, buscarán solucións e medidas para conseguir a limpeza nas nosas augas.
Ao longo da mañán do 14 de febreiro, celebramos o entroido coas familias, realizamos:
Aquí unha pequena mostra das danzas...
Pasámolo moi ben! Podedes ver as fotos clicando aquí na GALERÍA.
Comeza o proceso de admisión de alumnado e a aquí iremos informando dos pasos a seguir.
O primeiro paso é a reserva de praza nos IES do alumnado de sexto nivel de primaria. O IES ao que está adscrito o noso Centro é IES Leliadoura.
Até o 17 de febreiro deberán entregar á titora do colexio a reserva de praza ao IES adscrito. Aqueles que vaian a solicitar matrículo nun IES distinto, deben deixar unha copia na direción do centro e entregar o orixinal no IES que desexen.
Poden descargar este impreso ou realizalo online en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Nesta ocasión o noso alumnado pasouno moi ben aprendendo e experimentando como os elementos se rexeitan (auga salada e doce).
Tamén fixeron un experimento no que observaron como se rompen e separan as partículas de determinados elementos e xa non se volven a unir perdendo así certas propiedades. Trasládase así tamén a importancia do xabón para combatir ao virus do Covid xa que tamén rompe as súas partículas, perdendo as súas propiedades perxudidiciais
.
Co novo curso da comezo tamén o Clube de Ciencia que permitirá ao alumnado observar, experimentar e sobre todo, gozar.
Nesta primeira sesión xogarase con distintas reaccións químicas (volcáns ) e físicas (movementos e peso dos obxectos) que fan que o noso alumnado se motive e quera seguir aprendendo
GRAZAS!!!
Como sabedes ao rematar o trimestre, celebramos un Mercado Solidario, que por un quilo de comida ou un donativo, podiamos levar os libros que nos gustasen. Grazas por colaborar!! xa vedes que cargadiños foron os da Cruz Vermella!!
Ademais, de rematar o ano con chocolate con churros e reunirnos para compartir os mellores desexos ao son das badaladas.
Podedes ver mais fotos na galería da web!
XUNTOS PODEMOS!! CONTAMOS CON VÓS!!
O pasado venres, os nenos e nenas que cursamos dende 2º até 6º de primaria, participamos na carreira da Fieteira dentro do programa Xogade, na que vimos participando dende fai anos.
Gustounos participar na carriera, había moitísimos nenos e nenas de diferentes colexios e pasamos unha xornada entretida. Fomos participando nas diferentes categorías dependendo da nosa idade e logo dende as gradas animamos aos nosos compañeiros e compañeiras.
Quedamos moi contentos... non tod@s podiamos gañar, pero o máis importante foi que o pasamos xenial facendo deporte, que diso se trataba.
Aínda que non tod@s podiamos gañar.....no noso colexio, un neno: Xavi e unha nena: Soraya clasificáronse para a seguinte carreira. Estamos moi alegres destes éxitos!!
Sen máis, deixámosvos unhas fotos da xornada!
O pasado día 25 de Novembro conmemoramos o día internacional para a eliminación da violencia de xénero.
Na aula de 1º, 2º e 3º fixemos diferentes actividades para concienciarnos da problemática da sociedade na que vivimos.
Logo de falar da realidade, ler contos, ver noticias en internet... os nenos e nenas da aula mostramos un total rexeitamento a todo tipo de violencias; por iso decidimos facer esta montaxe na que mostramos o que nos gustaría que parase de ocorrer no mundo.....
Creamos unhas láminas baixo o lema "Agarraremos os nosos soños con forza" nas que fixemos unha proposta de cousas que nos gustarían que ocorresen e polas que nos comprometemos a loitar hoxe e tódolos días do ano.
Aquí podedes velo, se clicades nesta imaxe
NON Á VIOLENCIA
A SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO
Durante esta semana, na aula de Infantil realizamos varios experimentos:
Decatámonos de como funciona a eletricidade estática e conseguimos que unha bolboreta de papel abrazase un globo e logo puxemos os pelos de punta a todalas /os compañeiras.
Outro día comprobamos como funciona a clorofila nas plantas e porque perden a cor verde moitas follas no outono.
Tamén observamos como diferentes líquidos disolvían os caramelos.
E, tamén, pintamos con leite e ao primeiro non se via nada de nada pero cando lle pasamos a plancha alí estaba o noso debuxo.
PASÁMOLO XENIAL!!