Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

Acrosport en familia

Podemos definir a palabra acrosport, como un deporte acrobático realizado con compañeiro ou en grupo, mediante a combinación de pirámides humanas, saltos acrobáticos e elementos coreográficos, donde o corpo realiza varias funcións claramente determinadas (portor e áxil).

 

Podedes ver un exemplo a continuación

Que son os mandalas?

Os mandalas son representacións simbólicas e espirituais, utilizadas no budismo e hinduísmo. Teñen a súa orixe na India,  e o seu nome en sáncrito significa "círculo ou roda". A función dos mandalas para os budistas é a meditación.

A continuación podedes observar os mandalas que elaborou Xurxo de 5º nivel de primaria.

IOGA

Encántanos poder compartir traballos, dos discentes. Nesta ocasión temos un vídeo de Uxía de 2º nivel facendo ioga.

 

BONITOS TRABALLIÑOS!

Hoxe chegaronnos uns traballos moi bonitos de Paola. Actividades variadas, para xogar e aprender. Unha rá que mellora a puntería! Unha célula vexetal á que non lle falta detalle! E un esquema dos 5 reinos ben colorido. CONFINADOS SI... PERO HAI TEMPO PARA TODO!!! PARABÉNS PAOLA!!!

MALABARES

Neste periodo de confinamento, non hai reto que se vos resista. Noraboa.

 

PLASTILINA FEITA NA CASA!

Seguimos mostrando aos nosos artistas. Nesta ocasión, Andrés, atreveuse a crear a súa propia plastilina "Pasta de sal". Ademais, modelouna e creou unha obra de arte. Mostramosvos ao artista e a súa obra. Parabéns e gracias por compartir con todos a túa labor.

IOGA

Estamos moi contentos do gran esforzo que estades a facer as familias e os discentes, neste tempo de crisis. Vemos nesta ocasión un pequeno traballo dunha alumna de 3º. NORABOA Noa.

 

Bizcocho de iogurt de limón

Aqui vos deixamos unha receta dun alumno de 6º, para que este confinamento sexa máis doce.

 

CANLES DE COMUNICACIÓN COA ESCOLA ESTOS DÍAS DE PECHE

AVISO INFORMATIVO

Dada a situación excepcional que estamos a vivir, a atención á comunidade educativa será VÍA TELEMÁTICA  a través do correo electrónico do centro:

ceip.artes.ribeira@edu.xunta.es

 

Seguiremos empregando abalarmóbil, para manter informada a comunidade educativa