Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

blogue deadmin

PARÍS 2022

Ahí vai o enlace do vídeo recordatorio (xa que non funciona o enlace directo) da inmellorable viaxe a París cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º...

Esperamos que se poda repetir unha excursión parecida no futuro.

 

Un saúdo!

 

https://www.youtube.com/watch?v=a-RYqXXB9Yo

5º SORTEO DA CESTA

Debido a que novamente tampouco se atopou o gañador do cuarto sorteo da cesta correspondente ao viaxe a París, realizouse un quinto sorteo. Este sorteo é o penúltimo en caso de non atopar ó gañador, xa que o curso está a piques de rematar.

Neste caso o número gañador foi o...

4

 

 

A persoa agraciada ten ata o martes 21 de xuño incluído, en horario de 9 a 14 horas, para reclamar o premio.

4º SORTEO DA CESTA

Debido a que novamente tampouco se atopou ganador do terceiro sorteo da cesta correspondente ao viaxe a París, realizouse un cuarto sorteo e o número ganador foi o

 

183

 

A persoa agraciada ten ata o venres 17 de xuño incluído, en horario de 9 a 14 horas para reclamar o premio.

 

 

3º SORTEO DA CESTA

Debido a que tampoco se atopou ganador co segundo sorteo da cesta correspondente ao viaxe a París, realizouse un terceiro sorteo e o número ganador foi o…

                                                            623


 

A persoa agraciada ten ata o mércores 15 de xuño incluído, en horario de 9 a 14 horas para reclamar o premio.

SESIÓN NAS FURNAS!

Desta volta, a derradeira sesión do Clube de Ciencia desenvolveuse na Praia da Furnas.

O alumnado descubriu os distintos ecosistemas existentes, a fauna e flora existente, o prexuízo que causan os residuosexistentes na area…

Pero tamén xogou cooperativamente cun paracaídas  e nunha roda de turnos!

 

En definitiva, os nosos discentes pasárono pipa e foi un final perfecto para o Clube de Ciencia 2021-2022, que resultou outra vez unha iniciativa fundamental para que descubriran que tanto a ciencia como o entorno pódense aprender e gozar de maneiras diferentes e lúdicas.

 

Un saúdo e ata o curso que ven!

EXCURSIÓN!

Moi boas!

Hoxe foi un día moi especial, xa que o alumnado foi de excursión ao Parque de san Roque e a Pedra da Ra.

No primeiro, as meniñas e meniños coñeceron o museo e xogaron nos arredores descubrindo o gran patrimonio que temos na zona.

 

 

Xa na Pedra da Ra puideron contemplar as marabillosas vistas que nos ofrece a Pedra da Ra e logo ir andando cara o Castro da Cidá.

 

O noso alumnado gozou cunha mañá moi divertida!

A MIÑA PALABRA FAVORITA

Para conmemorar  o noso idioma dunha forma activa e lúdica, levamos a cabo unha actividade na que o alumnado elexía a súa palabra favorita, a súa definición e un debuxo relacionada.

Mediante a coordinación do equipo de biblioteca,os discentes gozaron da actividade.

Quedou moi chulo e aquí está o resultado

 

LIMPAMOS A PRAIA!

Nesta xornada as nenas e nenos tiveron unha actividade onde axudaron ao medio ambiente ao tempo que gozaban ao aire libre cooperando para melllorar a nosa contorna.

Esta actividade levouse a cabo na Praia da Ladeira, onde o alumnado axudou a recoller e clasificar o lixo que había na area mentres tomaba conciencia da necesidade de coidar a paisaxe.

2º SORTEO DA CESTA

Debido a que non se atopou ao gañador do 1º sorteo da cesta correspondente ao viaxe a París, hoxe repetiuse e  o número gañador foi o…

 

176

 

@ gañador/a ten ata o venres día 10 de xuño para reclamar a cesta en horario de 9 a 14.

 

 

 

 

 

 

SORTEO DA CESTA

Moi boas!

O sorteo da cesta  valorada en máis de 100 euros correspondente á financiación da excursión a París xa ten gañad@r!!!

 O número agraciado no sorteo desta mañá foi o……..

 

 

733

 

Noraboa a/o gañador/a!

P.D. A persoa terá que vir recoller a cesta nun prazo máximo de 10 días  a contar desde mañá día 26 de maio en horario de 9 a 14 traendo a rifa co número agraciado.