Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Moi boas!
Esta vez manipulamos un dos "dinosaurios" do río: a lamprea. Coñecimos a extensa historia na Terra deste peixe, un dos máis antigos no noso planeta; así como as súas características.
Aproveitando este animal propuxemos aos nen@s que fixeran o seu propio ser vivo e explicaran o seu hábitat, a súa alimentación, características...
Dando como resultado distintos experiencias e coñecemento que postos en común xeraron moito feedback entre o propio alumnado.
Un saúdo!!
Ola a tod@s!
Nesta ocasión o noso querido Clube de Ciencias estivo dedicado a conmemorar o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, que foi o 11 de febreiro.
Por este motivo o alumnado coñeceu todos os grandes avances que levaron a cabo as nenas e as mulleres na ciencia pero que foron vilipendiadas e infravaloradas.
Así, relacionaron os descubrimentos e avances coas súas autoras; investigaron sobre posibles novos descubrimentos que están a realizar distintas mulleres; mulleres galegas importantes na ciencia....
Un saúdo!
Volvemos co Clube de Ciencia!
Neste mes de xaneiro a sesión foi moi manipulativa, ao tempo que empezabamos coa a aprendizaxe de distintos elementos da táboa periódica.
Para introducir ditos elementos os nosos nenos e nenas manipularon coa mestura dos mesmos e o resultado ao que daban lugar ( mestura de vinagre con bicarbonato; col lombarda e auga...).
Con estas mesturas feitas encima duns papeis obrservaron como cambiaban as cores e producíanse uns efectos realmente curiosos ao producrise as distintas reaccións químicas.
Un saúdo e ata o mes que ven!
Moi boas a tod@s!
Deixámosvos as recomendacións lectoras para que o alumnado goce coas distintas obras literarias durante as vacacións. (Pinchando na flecha de arriba á dereita pódese ver con máis detalle)
Un saúdo e felices festas!!!!!
Nesta ocasión a sesión do Clube de Ciencias serviunos para coñecer os diferentes efectos que teñen os gases e preión atmosféricos nos elementos da nosa contorna.
O alumnado observou e experimentou coas augas con distintas temperaturas ou co efecto da presión atmosférica sobre os líquidos ( ao dar a volta ó vaso) este non verte a auga.
Peo non quedou ahí a cousa, xa que logo os nosos discentes aprenderon o que eran os mapas atmosféricos cos seus anticiclóns e borrascas e crearon uns feitos por eles mesmos.
Polo tanto mediante a experimentación adquiriron novos aprendizaxes moi relacionados coa vida cotiá.
Vémonos na seguinte sesión!!
Informarlles que esta semana únicamente haberá clase o Luns 5 e o Mércores 7.
- día 6 festivo (Día da Constitución Española)
- día 8 festivo (Día da Inmaculada Concepción)
- e o venres día 9 foi elixido polo centro como día NON lectivo.
Moi boas!
Nesta ocasión o Clube de Ciencias solapouse co Samaín polo que nos adicamos a ensinar e practicar con distintas reaccións químicas "monstruosas".
O alumnado observou como as mesturas con bicarbonato, nitróxeno líquido e outros elementos provocaban uns efectos realmente impresionantes
Un saúdo e ata o mes que ven!
Esta semana comezamos no cole coas sesións de contacontos realizada polo alumnado. As primeiras marabillosas voluntarias deleitáronnos coa obra de Ahora me llamo Luisa a cal dou pe a un debate sobre o colectivo LGTBI.
Grazas por esta fermosa mensaxe!