Dino Radio

O Entroido no Condesa

Cando hai festa, e se é a do Entroido máis aínda, o Condesa énchese de actividade. Neste post deixámovos un vídeo do noso desfile de Entroido, e un podcast da nosa DinoRadio onde, a máis de dúas receitas ben gorentosas para estas datas do Entroido, trae unha lembranza da nosa Rosalía, a poeta coa que o galego volveu a ter unha expresión escrita de primeiro orde.

Programa de Febreiro sobre Florencio Delgado Gurriarán

Aproveitando que Ricardo Gurriarán, pariente de Florencio e autor dunha biografía do mesmo, veu ao colexio a darnos unha charla sobre a vida e obra de Florencio, quixemos facerlle unha entrevista para a nosa radio.

Aquí vos deixamos o resultado da mesma, que creemos que nos achega dun xeito moi dinámico e certeiro, á figura do poeta de Córgomo, aclarando as dúbidas que tiñamos sobre a súa vida e obra.

 

Novo Programa de Dino Radio con receitas para o Nadal

Aquí vos deixamos unha nova entrega de Dino Radio, onde se nos propón un par de receitas para as sobremesas destas festas do Nadal.

Tamén nos contan algúns detalles biográficos de Florencio Delgado Gurriarán e nos recitan un poema do noso poeta.

Programa de Radio do Samaín

Aquí vos deixamos o noso programa sobre o Samaín. Tedes un traballo sobre a orixe desta festa e da tradición dos calacús.

Tamén se contan tres historias que de seguro que vos fan tremer!!!!!

Que o desfrutedes!

Novo programa no Día das Escritoras

Comezamos a nosa andaina neste curso 2021-22 cun programa adicado ao día das Escritoras. Esta data procura facer visible o traballo das mulleres escritoras seguindo unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España.

E nós, na Galiza, temos unha chea de escritoras, e cunha calidade asombrosa, velaí que as teñamos presentes neste programa da nosa radio.

Tamén comezamos unha sección chamada "As letras de Florencio" na que ao longo deste curso imos ir debullando anacos da vida de Florencio canda os seus poemas máis sobranceiros.

Desfrutade do noso programa.

Dino Radio con Xela

O novo programa de Dino Radio nos fala dos contos preferidos de Xela Arias, lidos polo alumnado de 1ºC.

E tamén, igual que Xela foi unha heroína do idioma, e da poesía, as nenas e nenos de infantil de 5 anos A nos descubren cales son os seus superpoderes...

Pero non vos pensedes que con isto rematamos, dentro duns días voltaremos con outro programa deste noso mes das letras.

Programa de Dino Radio no Día do Libro

Desta volta celebramos no noso programa o Día do Libro. Velaí que teñamos clubes de lectura, un espazo de poesía, barudas reflexións sobre a comenencia de termos día do libro e ...unha entrevista en inglés a Jennifer, a nosa lectora, que nos conta como fixo o camiño de Santiago.

Non volo podedes perder!

Programa de Dino Radio no Día da Muller

Un novo programa de Dino Radio está no ar. Desta volta son os nenos e nenas de segundo B, que nos contarán un conto e entrevistarán á profe Elisa, a coordinadora da Axenda 21 no noso centro, o alumnado de quinto B, que nos contarán como se acordan da súa primeira profesora cando chegaron ao colexio, e por último o alumnado de quinto A, que seguen investigando sobre o camiño de Santiago entrevistando desta vez a unha peregrina que nos contará as súas vivencias no Camiño.

Así que premede no vencello que atoparedes aquí abaixo e a desfrutar deste programa adicado a todas as mulleres do mundo, para que ocupen o posto que lles corresponde na nosa sociedade.

 

Dino Radio: Entroido no Camiño

Chega un novo programa de Dino Radio para celebrarmos o día mundial da Radio. As alumnas e alumnos de 1º A e de 5º A, veñen falar da Radio, do Entroido e do Camiño de Santiago cunha entrevista ao noso profe de Educación Física: Modesto.

Non volo podedes perder,

 

Programa de Dino Radio pola Paz no ano da Vacina

Deixámovos aquí o primeiro programa da nosa Dino Radio neste ano 2021, marcado pola vacina anti-covid... e a nós nos gustaría que houbese tamén vacinas contra da violencia, do racismo, das guerras...

En fin, que neste ano 2021 soñemos con todas esas vacinas que tanto necesitamos para aprendermos a convivir neste mundo.

Powered by Drupal - Design by artinet