Blogue

Protocolo de uso da Biblioteca

Conto Viaxeiro

Feliz 75 Cumpreanos para Pippi Mediaslongas

Cando a filla de Astrid Lindgren enfermou de pneumonía en 1941 comezou a contarlle historias sobre unha nena inventada para entretela, a quen chamou Pippi. Inventou tantas e tantas historias que ao cabo acordou escribilas para lle regalar o libro para cando a súa filla cumprise os 10 anos.

A publicación das historias non chegaría deica 1945, hai 75 anos, cando gañou coa historia da nena máis forte do mundo un premio dun concurso literario convocado por unha editorial.

Pippi Mediaslongas foi traducida a máis de cen idiomas (tamén ao galego da man da editorial Kalandraka) e o seu éxito foi impulsado, ademáis, por unha serie de televisión que se estreou en 1969.

Pippi fíxonos rir coas súas tolemias: regar o xardín aínda que chovera, a súa forza capaz de levantar no ar ao seu cabalo, o seu descaro, o seu bo corazón e ... e tamén porque é a primeira nena que facía tremer de medo aos piratas malvados.

Sempre acompañada de Tommy e Anika e os seus animais, o mono chamado señor Nilsson e Pequeno Tío, un cabalo a lunares e un maletín cheo de moedas de ouro, nos mostra o mundo dende unha óptica completamente nova.

Recomendar a súa lectura é obrigado, xa que son historias desbordantes de maxinación e humor, pero antes podedes ir abrindo a boca co primeiro capítulo da serie de televisión que podedes ver aquí mesmo.

Trágame Terra 2021 homenaxea a Xela Arias

Coma todos os anos por esta época editamos o noso número da revista escolar "Trágame Terra", adicada neste ano 2021 á poeta lucense Xela Arias.

Desfrutádea!

Feliz día do Libro

Deixámovos aquí este vídeo da Deputación de Pontevedra que, grazas aos libros, nos leva de viaxe polo mundo adiante.

Tamén no Facebook do colexio hai unha chea de viaxes, contos, etc... feitos por mestres e alumn@s que paga a pena ver.... chulísimos!!!

 

Biblio e Coronavirus

Fai coma o Dinosabio!!!

Acaba co Coronavirus con lecturas que te acompañen durante o confinamento.

Ler sempre é unha boa compaña, e agora, que temos que quedar na casa moito mellor aínda.

As rapazas e rapaces de 5º e 6º que lembren que teñen ao seu dispor a biblioteca dixital da Consellería de Educación dispoñible en http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/#indice, cunha morea de libros en galego, castelán e inglés.

 

 

Xa está en marcha a Olimpíada dos Xogos

Como todos os anos, no tempo que vai do Entroido á Semana Santa, celebramos a nosa olimpiada do Saber.

Este ano, como andamos traballando para termos un patio distinto, onde se poda facer algo máis que xogar ao futbol, onde caibamos tod@s, coas nosas distintas afeccións e gustos, coas nosas diferenzas e as nosas semellanzas.... a Olimpíada adícase aos xogos.

Xogos populares, deportes, tradicionais, innovadores.... todo ten cabida na nosa Olimpíada.

Vén e Participa!

Ricardo Carvalho Calero

Este ano as Letras Galegas están adicadas a Ricardo Carvalho Calero e para írmonos aproximando á súa figura elaboramos, recollendo informacións eiquí e acolá, esta liña do tempo da súa vida e obra.

Esperamos que vos sexa útil para coñecer a esta sobranceira figura da nosa cultura.

Comezan os amadriñamentos e apadriñamentos lectores

Comezaron a botar a andar, ou mellor a botar a ler, os amadriñamentos e apadriñamentos lectores.

Nesta acitividade os nenos e as nenas de quinto e sexto de primaria acoden ao patio de intantil a ler contos aos pequenos de tres anos.

Non só se promociona a lectura, senón que tamén se fomentan as relacións solidarias entre o alumnado do colexio, o que todos e todas valoramos como enormemente positivo.

 

As Dinochilas saen de paseo!

Onte saíron as Dinochilas a encher de contos as noites dos nosos alumnos e alumnas de infantil de 3 e 4 anos.

As Dinochilas consisten nun pack de sete libros, un por noite, que tentan facilitar ás familias un anaco diario de lecturas.

O contacto das nenas e dos nenos co libro, sobre todo nestas idades prelectoras, acompañada da presencia do contador, un ser querido da súa familia (un irmao maior, pais, nais, avoas, avós...) son determinantes para a creación dunha afeizón pola lectura, que vai repercutir, sen dúbida algunha, na mellora dos resultados académicos de todas e todos.

Porque a lectura adéntranos no mundo marabilloso dos contos, da literatura, pero tamén das ciencias, das matemáticas e de calquera saber.

Por iso encántanos partillar convosco estas mochilas que van encher de soños as noites do Barco.

Powered by Drupal - Design by artinet