Ex-alumnos

Un campión sobre dúas rodas

Jorge Paradelo, ex-alumno do noso centro, acaba de acadar o segundo posto na proba do mundial de Enduro a 2 tempos realizada en Santiago, e ocupa a terceira posición na clasificación xeral do mundial.

Os nosos xenios matemáticos

Deixámovos aquí o artigo do xornal O Sil onde se recolle o premio aos nosos ex-alumnos gañadores da olimpíada matemática en Galicia.

Esperamos que dentro de pouco, despois da súa visita a Touluse, poidamos volver a sacalos neste apartado do noso blog como gañadores do rallie matemático europeo.

Toulouse by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Mauro Racha o Teito de Cristal

Seguimos a pista, desta volta, a un músico excelente e deseñador gráfico impresionante: Mauro Docampo, que vén de gañar o concurso galego de carteis contra da violencia de xénero, cun traballo no que anima a rachar co teito de cristal que impide que as mulleres ocupen cargos directivos na nosa sociedade.

 

Mauro by on Scribd

Luis Moro, tocando as nubes

Outro ex-alumno do Condesa que destaca na súa práctica deportiva.

 

.

Novos éxitos de Leticia Gil

Leticia volve a ter un lugar no noso blog, xa que voou en Antequera nada menos que seis metros con vinta e cinco centímetros, acadando o primeiro posto no campionato de España de pista cuberta.

Un novo éxito da nosa ex-alumna que queremos celebrar con ela.

Recollemos este artigo, onde se fai referencia ao logro de Leticia, do xornal SomosComarca para que teñades a información completa.

 

Leticia Campiona by on Scribd

Leticia, unha campiona do Condesa

Unha ex-alumna do noso centro que acada o éxito no mundo do deporte. Leticia non salta, voa máis alá dos 6 metros e bate o récord galego de salto de lonxitude, acadando o bronce nos campionatos de España absolutos.

Todo un orgullo para o noso colexio tela entre os nosos ex-alumnos.

Leticia by on Scribd

Isabel visibilizando o fútbol feminino

Volve á nosa web Isabel Vázquez, imparable na súa traxectoria como xogadora, entrenadora e estudante.

Isabel Vazquez by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Isabel, adestradora!

Isabel by on Scribd

Alicia Alonso, Cineasta!

Alicia by Anonymous oywFojA on Scribd

Piragüistas que pasaron polo Condesa

 

Sergio Ruíz, un noso ex-alumno, encóntrase na elite do piragüísmo de augas bravas. En Somos Comarca fanse eco dunha entrevista que lle realizaron á volta da súa participación no campionato do Mundo de Descenso de Augas Bravas.

O audio da entrevista pódese escoitar en:

https://somoscomarca.es/sergio-ruiz-piraguista-fluvial/

 

Powered by Drupal - Design by artinet