Blogues

Letras Galegas 2022 para o noso Florencio Delgado Gurriarán

Hoxe é un día de noraboa para a nosa biblioteca, para o noso centro e a nosa bisbarra e para Galicia Enteira, xa que a Real Academia Galega acordou adicar a festa das nosas letras do vindeiro ano 2022 a Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Córgomo e México, o defensor das nosas libertades, o cantor xeórxico dos bacelos da bocarribeira do Sil...

Estamos felices de ter contribuído na nosa modesta medida a que se lle concedese esta honra ao noso autor.

Dende hai anos, dende que puxemos en marcha a nosa biblioteca e tivemos que lle poñer un nome, eliximos o do noso poeta e hoxe non podemos menos que nos gabar desa decisión.

Haberá, xa que logo que irmos pensando en traballar arreo para ensalzar máis, se couber, ao noso amigo e guieiro, o poeta Florencio Delgado Gurriarán.

Apertura do prazo para a solicitude de comedor curso 2021-22

Xa se abriu o prazo de presentación de solicitudes para o servizo de comedor para o vindeiro curso escolar 2021-2022.

Podedes recoller a solicitude na secretaría do colexio ou ben descargala dende esta ligazón.

As solicitudes se poderán cubrir e entregar no colexio en horarios de mañán durante o mes de xullo.

Escornabots de 6º para todos

@s compañeir@s de 6º realizaron durante este curso un traballo moi interesante creando planillas e xogos para os Escornabots. O último día xogamos con eles para probar que tal fixeran os deseños, e o resultado foi fenomenal.

Aquí imos deixar todos os ficheiros que realizaron (que son moitos) para que vexades que grupos máis traballadores tivemos no colexio.

En 6º B somos Wikipedistas

Fondo solidario de libros de texto

Acábase de publicar a orde para o fondo solidario de libros de texto. O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño.

Tedes a orde publicada neste enlace.

Podedes presentar as solicitudes por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática "Fondolibros".

Tamén se pode presentar na sede electrónica da Xunta de Galicia

No caso de facer a entrega presencial podedes entregalo en secretaría en horario de 10:45 a 11:30 h.

O formulario podédelo recoller no centro ou imprimilo aquí.

Facendo Camiño

Deixámovos aquí o vídeo da actividade que dentro do proxecto do Camiño de Inverno que estivemos a facer neste curso, levounos ao mosteiro de Xagoaza da  man do arqueólogo Santiago Ferrer, que nos explicou moitisimas cousas de interese.

 

Biografía de Xela Arias

Coma vén sendo habitual, todos os anos por estas datas as rapazas e rapaces de sexto, collen os pinceis e se poñen a deseñar o cómic do autor ou autora a quen se lle adica as letras galegas deste ano.

Este ano o cómic, como non pode ser doutro xeito, vai adicado á Xela Arias, e aquí o tedes:


 

Dino Radio con Xela

O novo programa de Dino Radio nos fala dos contos preferidos de Xela Arias, lidos polo alumnado de 1ºC.

E tamén, igual que Xela foi unha heroína do idioma, e da poesía, as nenas e nenos de infantil de 5 anos A nos descubren cales son os seus superpoderes...

Pero non vos pensedes que con isto rematamos, dentro duns días voltaremos con outro programa deste noso mes das letras.

Powered by Drupal - Design by artinet