Blogue de admin

Revista das letras galegas

Un ano máis editamos a nosa revista das letras, adicada neste ano 2015 aos autores valdeorreses David Vázquez Álvarez e Florencio Delgado Gurriarán.

O seu compromiso, de ambos os dous, co idioma, coa terra, coa nosa cultura fannos merecedores desta sinxela homenaxe que nós queremos adicarlles.

A Florencio xa lle tarda un recoñecemento oficial por parte da RAG adicándolle un día das letras, do que é merecedor, ben o sabemos, máis do que outros... pero os señores académicos saberán!

Outramente o noso tributo de admiración e respecto pola súa obra, polo seu compromiso, aquí está, digan o que digan e fagan o que fagan dende a rúa Tabernas.

Tragame Terra 2015

A lingua nas ondas

Como xa fixemos o curso pasado, o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), decidimos volver a implementar unha tarefa, que aínda que de complicada organización, deu como resultado o traballo global da competencia comunicativa en lingua galega, por a totalidade do alumnado, favorecendo o dominio da nosa lingua, tanto a nivel oral como escrito: A LINGUA NAS ONDAS.

Durante os meses precedentes, dende o E.D.L.G., comezamos a deseñar a estrutura dos catro programas que se emitirán ao longo do mes de maio.

Nesta ocasión, acordamos que un xeito de fomentar o emprego do idioma e máis o coñecemento da tradición literaria autóctona, sería o adicar cada ano unha edición a un literato propio da nosa bisbarra.

Posto que esta é a primeira ocasión que enfocamos esa actividade cara unha figura en concreto, queremos facer a nosa particular homenaxe ao noso compañeiro exmestre do centro e recoñecido literato David Daniel Vázquez Álvarez. Acordamos por unanimidade adicar os catro programas a coñecer en profundidade tanto a súa traxectoria vital como profesional e literaria. Deténdonos no coñecemento profundo e admiración pola súa extensa obra.

Todo o centro simultáneamente participará nesta actividade, dende Educación Infantil, ata 6º curso de Educación Primaria, integrando a tódolos nenos e nenas independientemente das súas características persoais.

Dispoñedes de toda a información, así como dunha completa galería de imaxes, no seguinte documento adxunto en formato SCRIBD, que acompaña estas letras.

A Lingua Nas Ondas

Letras Galegas 2014-2015

 Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), queremos presentarvos as actividades que se desenvolverán co gallo do MES DAS LETRAS.

Trátase dun amplo abano de actividades que aínda que veñen sendo traballadas dende meses precedentes, teñen a súa visibilidade neste mes que como cada ano, pretende impulsar o emprego da nosa lingua e o coñecemento da nosa rica cultura literaria, así como aos seus autores. Neste documento presentamos brevemente estas actividades que pasaremos a describir en profundidade nun apartado especificamente adicado a cada unha delas:

-A LINGUA NAS ONDAS.

 -A FESTA DA LINGUA GALEGA:

 ·Festival das Letras Galegas 2015.

 ·Bailes tradicionais.

 -“PON DE MODA O GALEGO!”.

 -MOCHILAS POLA LINGUA.

Nun documento anexo en formato SCRIBD, e como sempre facemos, poderedes atopar máis datos de cada unha destas actividades.

Emporiso, avisamos que se trata dunha breve recensión informativa. Na medida que estas actividades se desenvolvan, iremos incluíndo novos documentos máis extensos que ilustren con toda a documentación dispoñible así como a máis completa galería de imaxes, o desenvolver de cada das actividades aquí referidas.

Letras Galegas 14-15

 

 

 

 

1º Premio no Primeiro Congreso Medioambiental do Barco

Estamos moi contentos porque vimos de gañar o 1º premio do primeiro congreso medioambiental organizado polo Concello do Barco de Valdeorras, co proxecto "Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes".

Neste proxecto explicamos as actividades que levamos a cabo no centro relacionadas co coidado da contorna e a sustentabilidade.

O proxecto presentárono os nenos e nenas do noso comité ambiental.

Tedes máis información e a presentación do proxecto na páxina da Axenda 21.

Noraboa a todos e a todas, xa que é un premio colectivo.

 

imaxe do congreso

A caixa do Correo

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA, queremos presentarvos unha das novas proposta para este curso, que deu comezo recentemente.

 Trátase da actividade “A caixa do correo”. Na súa andadura inicial, vai ter como destinatarios o alumnado de 3º e 4º curso de Educación Primaria mais coa posibilidade de que a poidan disfrutar as etapas, niveis e grupos que así o desexen, unha vez que estea asentada a actividade. Son os obxectivos básicos desta actividade os seguintes:

  • Favorecer o emprego da lingua galega como vehículo de expresión e comunicación escrita.
  • Mellorar a comprensión oral e escrita dun tipo de texto: a carta.
  • Favorecer a integración de todo o alumnado nunha actividade de centro na que ninguén deberá quedar discriminado.

 Para por en marcha esta actividade tivemos que pasar por unha fase previa de preparativos. Durante estas últimas semanas estivemos a fabricar e pintar unha caixa de correos de grande tamaño que colocamos nunha das entradas do centro. Tamén fabricamos o vestiario da figura do carteiro (neste caso carteira).

 Amais diso, realizamos un modelo de sobre-carta que nos permite escribir por unha cara o texto e pola outra o remitente e destinatario.

 Todo este proceso de preparación da actividade, así como as fases de escritura, envío e recepción de cartas, nas dúas quendas iniciais realizadas polo profesorado e alumnado dos niveis 3º e 4º de Educación Primaira, podédelo ver explicado en detalle no seguinte documento anexo, que como sempre acompañamos dunha ampla galería de imaxes.

 A Caixa do Correo

Actividades do Entroido

 

 

Como cada ano, unha das actividades conxuntas máis agardadas é a celebración do Entroido. Nesta ocasión, en consonancia co tema traballado polo Proxecto Documental Integrado relativo á Convivencia e Toleranza, decidimos adicar esta festa ás diferentes “CULTURAS DO MUNDO”, co obxectivo de aproximar ao alumnado á ampla variedade cultural existente no noso planeta, da que debemos ser coñecedores para poder ser tolerantes e defendela como rico patrimonio da humanidade A celebración do Entroido pasou por varias fases:

 

  1. XOVES DE COMPADRES E COMADRES:(5/12 de febreiro respectivamente). Tal como indica a tradición, para esta xornada, as nenas das diferentes aulas elaboraron un boneco (“Compadre” e “Comadre”: un por clase e co nome do curso). Escondérono por fora do colexio 5 minutos antes de sair ó recreo. Os nenos e nenas da súa aula no recreo tiveron que atopalo e o pasearon por todo o patio. Somentes poideron coller o boneco que correspondía á súa clase. Se atoparon agochado outro que non fora o da súa clase, debérono deixar quedar no seu sitio.

    2. ORDES DO MECO : (9-13 de febreiro):Durante unha semana, todo o alumnado e máis o profesorado e persoal do centro, debeu seguir as indicacións diarias dun “Meco” ubicado nunha das entradas do centro. O día anterior pola tarde, o Meco lle iría indicando sobre a indumentaria que deberían levar para o día seguinte. Todos debemos cumprir as súas ordes. Para cada día houbo unha orde distinta. As ordes do meco acordadas para este curso foron as seguintes:

 

  • Xornada da maquillaxe e peiteado”.

  • Xornada da Elegancia”.

  • Xornada da praia”.

  • Xornada do pixama”.

  • Festa do entroido”.

 

3. ACTO FESTIVO:(13 de febreiro): pola tarde do día 13 de febreiro, rematamos as celebracións do entroido, co tradicional desfile e baile de entroido no patio do colexio. Actividade aberta á asistencia das familias e coa participación activa da APA, que para esta ocasión participou preparando unha “CHOCOLATADA” para todos os asistentes, respectando as diferentes intoleranzas alimentarias presentes no noso alumnado, familias e profesorado.

A continuación, como sempre, acompañamos estas liñas cun documento “Scribd”, onde se detallan as actividades do Entroido 2014-2015, documentados cunha boa selección de imaxes. Voltaremos de seguido con novas e divertidas actividades na nosa lingua.

 

 

 

entroido14-15

Día da Paz

 

Como cada ano, co gallo da celebración da Xornada pola Paz, o noso centro realizou un conxunto de actividades tanto de aula como conxuntas de todo o centro, que remataron nunha actividade festiva en conxunto que nesta ocasión se realizou na tarde do día venres 30 de xaneiro de 2015.

 

En consonancia coa temática traballada no Proxecto Documental Integrado adicado á Toleranza e a Convivencia, e facéndonos eco dos acontecementos luctuosos acontecidos recentemente en Francia, e que esixían pola nosa parte unha intervención educativa, para traballar aspectos tan importantes da CONVIVENCIA, como son a toleranza e o respecto ás liberdades individuais, entre as que destaca a liberdade para expresar as ideas e crenzas propias. Nesta ocasión, decidimos centrar a temática entón na “LIBERDADE DE EXPRESIÓN”,

 

Accordouse realizar ACTIVIDADES DE AULA, e máis ACTIVIDADES CONXUNTAS DE CENTRO. Para o primeiro caso, se deseñaron e realizaron actividades máis artísticas para os niveis inferiores e de búsqueda de información e reflexión para os niveis superiores. Froito destas actividades previas dan mostra as seguintes imaxes.

 

Simultaneamente o profesorado do centro comezamos a organizar as actividades a realizar no ACTO FESTIVO realizado o día 30 de xaneiro. Acordouse realizar as as seguintes actividades:

 

  • BERROS POLA PAZ.

 

  • ÁRBORES POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN.

 

  • PEGADO CONXUNTO.

 

  • COREOGRAFÍA POLA PAZ.

 

Nos gustaría que no futuro non sexa preciso conmemorar un día da PAZ, porque iso significaría que todos os días son días de PAZ no mundo. Mentras tanto, aprendemos con esta xornada a que aínda que sexamos un grupo moi numeroso, podemos compartir unha actividade lúdica nun clima de PAZ.

 

A continuación nun documento anexo, podedes ver explicadas con detalle as actividades realizadas, acompañadas dunha selección de imaxes dos momentos vividos.

 

 

Actividades da Paz 2015

Powered by Drupal - Design by artinet