ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES AO CONSELLO ESCOLAR DE CENTRO

 ELECCIÓN DE REPRESENTANTES AO CONSELLO ESCOLAR DE CENTRO

CIRCULAR INFORMATIVA 

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 18/09/2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR (DECRETO 92/1998, do 28 de abril).

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada por:

  • A directora do Centro.

  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai ou nai ou titor legal.

  • Un representante do persoal de administración e servizos.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 17 de outubro, ás 11:45 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

O Barco de Valdeorras a 11 de outubro de 2024

A DIRECTORA DO CENTRO,

Asdo.: Mª del Carmen García Fernández

Comeza o curso.... con novidades!!!

Xa temos o noso selo de Vida Saudable

Dende hai tempo levamos traballando na atención e educación para a saúde, especialmente no que atinxe a hábitos alimentarios e actividade física. 

Participamos daquela naqueles programas que desenvolven a adquisición dos hábitos que promoven o benestar físico, psíquico e social, tentando capacitar ao alumnado para que elixa condutas que favorezan a súa saude e benestar, por medio da adquisición de coñecementos e habilidades en temas relacionados coas competencias emocionais, a alimentación, a actividade física e o autocoidado.

Este traballo que se leva facendo recoñécese agora coa concesión deste prestixioso selo por parte do Ministerio de Educación do Selo de Vida Saudable, co que se garante que neste centro ensinamos a manter o noso corpo san e saudable.

Evidentemente estamos moi content@s con esta distinción que nos anima a traballar aínda con máis forza, se cadra, nesta angueira de promover a saúde dende o comedor, as aulas de educación física e de todo o colexio en xeral.

 

 

 

Calendario para o vindeiro curso 2024-2025

Aquí podedes consultar o calendario que imos ter no vindeiro curso 24-25. 

No calendario, a máis das festividades, tedes as datas das avaliacións, entrega de notas, períodos de vacacións, etc...

Vémonos o próximo 11 de setembro.

Que pasedes un bo verán.

 

Calendario 24-25 by Quini Freixeiro on Scribd

CALENDARIO

 

 

Datos xerais do centro

Denominación: C.E.I.P. Condesa de Fenosa

Titularidade: Centro Público

Nº Código de Centro: 32015116

Enderezo: Rúa Coruña 24; 32300 O Barco de Valdeorras

Enderezo electrónico: ceip.condesa.fenosa@edu.xunta.es

Teléfono: 988 78 36 46 e 988 78 36 48

Teléfono Departamento Orientación: 988 78 36 47

 

Entradas e saídas do alumnado non transportado:

  • Infantil: Rúa das Areas
  • Primeiro Ciclo: Cancela grande Rúa Calabagueiros
  • Segundo Ciclo: Cancela peonil Rúa Calabagueiros
  • Terceiro Ciclo: Cancela Rúa Coruña

 

Para facilitar a entrega d@s nen@s recomendamos ás familias que esperen na beirarrúa de enfronte do colexio deixando libre a beirarrúa do colexio para o uso exclusivo do alumnado.

Prégase puntualidade á hora das entradas e saídas

 

Máis información sobre as nosas actividades, recursos e oferta educativa aquí.

O Ceip Condesa de Fenosa é un centro público de ensino infantil e primario no que pretendemos ofrecer servizos educativos de calidade para todo o noso alumnado.

Pretendemos facer un ensino en igualdade, sen discriminación, inserido no seu contexto cultural e lingüístico e coa participación activa de todos os membros da comunidade educativa.

Powered by Drupal - Design by artinet