Skip to Content

PAUTAS FAMILIAS

PUNTO LARANXA

Aquí o acoso non ten cabida!

Este centro dispón dun Punto Laranxa contra o acoso e o c iberacoso escolar.

Déixa a túa mensaxe.

Non cales, rompe o silencio!

Punto laranxa contra o acoso escolar - CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel

É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR | CEIP A MAÍA

 

 

COMO MELLORAR A AUTOESTIMA

Desarrolla tu Autoestima : "Las 10 claves de la autoestima" | UC3M

AQUÍ deixamos unhas pautas para as familias e reflexións para mellorar a autoestima do alumnado.

PAUTAS PARA FAMILIAS CON ALUMNADO CON DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

Qué son las dificultades de aprendizaje? – ASOCIACIÓN ADHIN
AQUÍ  Encontrás un documento con pautas para las familias  sobre as dificultades de aprendizaxe.

 

PAUTAS FAMILIAS

A continuación compártense pautas elaboradas pola nosa compañeira de 6º de educación infantil, Marta, coas que orientarvos e axudarvos a que as vosas crianzas sexan quen de afrontar e xestionar os cambios que acompañan á vosa separación.

 

 

 

PAUTAS

PAUTAS ESTIMULACIÓN DA FALA NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

A continuación achégase tríptico elaborado pola mestra especialista en audición e linguaxe para estimular a linguaxe oral nos máis pequenos. O desenvolvemento da fala na etapa de educación infantil ten máxima importancia, xa que é o instrumento que permitirá ós nenos e ás nenas adquirir unha aprendizaxe escolar satisfactoria, sobre a que se fundamentarán todos os coñecementos posteriores. O obxectivo a acadar é o de favorecer o desenvolvemento das habilidades lingüísticas así como as bases dos procesos lectoescritores, dando a oportunidade de:

  • Previr posibles dificultades da linguaxe oral e escrita.
  • Diminuír as dificultades que xa puideran existir.
  • Preparar ao alumnado para a adquisición do proceso lectoescritor.

 

 

PAUTAS PARA FAMILIAS

Coñecedores da importancia do traballo colaborativo entre equipo docente e familia na educación integral das nenas e nenos, especialmente naqueles que presentan necesidades específicas de apoio educativo, ofrécense a continuación unha serie de orientacións coas que informar, formar e apoiar a labor dos pais e das nais.

 

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut