Esta semana a clase de 1ºB converteuse nunha XEADERÍA!
Creamos orixinais xeados de nomes e adxectivos. Ademais, para que nos quedaran ben saborosos, fixémolos traballando en equipo e axudándonos os uns aos outros.
Estamos feitos uns xeadeiros e xeadeiras extraordinarios expertos en gramática!
Como traballamos moitísimo este trimestre, fomos de excursión á península do Grove. Visitamos a illa da Toxa e embarcamos nun catamáran con visión submariña.
Os nosos agradecementos a Cofradía de Pescadores e Marisqueiras do Grove e aos guías de Pescanatur, que tanto nos ensinaron. Moitas grazas!
De seguido tedes unhas fotos para que vexades a noxa viaxe cos nenos de 6 e 7 anos. Saúdos
O Venres 22 de febreiro recibimos unha sorpresa no colexio! Os alumnos/as do IES Auga da Laxe, de Gondomar, agasalláronnos cun concerto de música rock.
Aquí vos deixo algunhas imaxes dos rapaces que amosaron un gran dominio dos instrumentos, das letras e da posta en escena.