Galicia é unha Comunidade Autónoma con moita riqueza en xogos tradicionais.
Hoxe o alumnado de 4º de Ed. Primaria gozou dunha xornada de xogos tradicionais xunto con outros rapaces e rapazas dos colexios do Val Miñor.
Tratouse co alumnado de aprender e recoñecer moitos deles, participando dunha xornada de convivencia entre iguais, sempre tratando de fomentar o respecto e a axuda aos compañeiros e compañeiras.