Skip to Content

ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Dende o EDLG propuxeron realizar as seguintes actividades para indagar na vida e obra da homenaxeada deste ano das Letras Galegas LUÍSA VILLALTA GÓMEZ e outras para fomentar o uso do galego.

  • No seguinte enlace tivemos moitísimos recursos para traballar a figura de Luísa Villalta en formato papel e online. http://seminariogalan.org/
  • Os cursos 3º, 4º, 5º e 6ºEP realizaron un cuestionario por equipos que tiveron que cumplimentalo buscando nos cartéis que estaban por todo o cole. Os cartéis tiñan un número que se correspondía co número das preguntas. Esta actividade  realizouse dende o 14 ata o 24 de maio.
  • O 16 de maio o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º ciclo de EP realizaron unha xornada de Xogos Populares organizados polo profesorado de Ed. Física.
  • O 23 de maio ás 10h tivemos no centro un contacontos a cargo de Barafunda para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de EP.
  • O 4 de xuño ás 12h desfrutaremos dun concerto de música en galego a cargo de Migallas Teatro para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de EP.
  • Concerto didáctico, o martes 28 de maio con Tradison, grupo de Donas con instrumentos tradicionais para  todo o alumnado do centro.
  • Estamos pendentes de confirmar data para un obradoiro de regueifas para o alumnado de 5ºEP.
  • Entre todo o alumnado realizaremos un maio. 
 
 
 
 


page | by Dr. Radut