Estimadas familias, como ben sabedes este ano temos o PROXECTO ANUAL DO CINE e co gallo da SEMANA DAS ARTES ( do 8 ao 12 de abril) recibimos a visita de Javier Casellas. Actor de Gondomar que participou na película LIVE IS LIFE. Película que se rodou parte en Galicia. Javier é Garriga na película, un dos rapaces protagonistas da historia.
Hoxe veu ao centro a contarnos a súa experiencia como actor e a satirfacer as curiosidades do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.