Skip to Content

RENOVACIÓN DA ACTIVIDADE DE PISCINA

Abre o prazo para inscribirse na actividade de piscina 2º cuatrimestre indicando Valadares ou Ramallosa. É imprescindible facer unha prescrición enviando email ao correo da ANPA (anpapousadefontan@hotmail.com) ou whatsapp ao teléfono 638379225 antes do día  26 de xaneiro.
 
Ao rematar o prazo, NON SE RECOLLERÁ NINGUNHA SOLICITUDE. 
 
ACTIVIDADE DE NATACIÓN NA PISCINA MANCOMUNADA DO VAL MIÑOR (Ramallosa) .
 
A actividade consta de dous cuatrimestres que se pagarán por separado, o primeiro antes do 01 de Outubro e o segundo antes do 01 de Febreiro. Importe por cuatrimestre é de 45,08 euros. A ANPA subvencionará 2 euros por usuario ao mes en todas as actividades que xestiona, segundo se aprobou na Asamblea Xeral, por tanto, o prezo a pagar por cada socio é de 37 euros por cuatrimestre e usuario. Poderán acudir nen@s de primaria. (infantil non).
 
ACTIVIDADE DE NATACIÓN NA PISCINA DE VALADARES (VIGO) 
 
A actividade consta de dous cuatrimestres que se pagarán por separado, o primeiro antes do 01 de Outubro e o segundo antes do 01 de Febreiro. Importe por cuatrimestre de 31 euros. A ANPA subvencionará 2 euros por usuario ao mes en todas as actividades que xestiona, segundo se aprobou na Asamblea Xeral, por tanto, o prezo a pagar por cada socio é de 23 euros por cuatrimestre e usuario.
Poderán acudir nen@s de infantil e primaria.
Se houbese maior número de inscritos que prazas, asignaránse por orde de preinscrición. O curso
comezará no mes de outubro. 
 
 
En Ramallosa as clases son o mércores
Os pais encargaranse de levar e traer os nen@s da piscina. É obrigatorio levar: gorro, chanclas e bañador.
Tamén hai que respetar o protocolo do Centro coas medidas ANTI-COVID.
Hai un servizo de taquillas, a empresa de ServiOcio non se fai responsable de perdas ou danos que poidan acontecer nas instalacións.
Máis información: piscina 986353677 ou Anpa: 63837922.
INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE NATACIÓN.
Nome do nen@_ Data de nacemento_ _
Pai/Nai/titor_ _ DNI__ _ __
Teléfonos _ Correo Elect. _
(Rodea o día escollido) LUNS ou MÉRCORES
(Rodea a preferencia) RAMALLOSA ou VALADARES
Gondomar, a .........de Setembro de 2021.

Sinaturapai/nai/titor.



page | by Dr. Radut