Skip to Content

PROXECTO EDIXGAL 5º PRIMARIA

                                          

Esta é a páxina de axuda na que poñeremos recomendacións, guías e ligazóns a recursos para traballar no Eva - Edixgal.

Documentos para descarga:

Folla informativa EDIXGAL

Folleto para as familias

Folleto para o alumnado (2 por folla)

Primeira vez con EDIXGAL?

Os centros participantes en EDIXGAL proporcionan ao alumnado ordenadores portátiles con acceso a internet. Isto permite acceder á plataforma Eva na que están os libros de diferentes materias. Tamén é posible acceder a outros recursos e mesmo engadir e crear contidos e actividades para o alumnado.

EVA: o libro dixital

Para acceder ao libro dixital iremos a eva.edu.xunta.gal .

Acceso do profesorado

O profesorado accede empregando usuario e contrasinal do correo da Xunta.

Acceso do alumnado

O alumnado empregará as credenciais que aparecen no apartado Credenciais do alumnado dentro do EVA e que pode proporcionarlles o titor/a ou o profesorado en xeral en calquera momento.

Xestión de credenciais

O EVA é unha aula virtual semellante á que temos no noso centro, pero cambia o aspecto e algunhas opcións . Nela podemos cargar o libro da editorial que elixamos e poñelo á disposición do alumnado. Tamén podemos engadir recursos e actividades Activando a edición exactamente igual que na Aula Virtual do centro.

Operacións básicas no EVA ao iniciar o curso

Resumo de acccións para iniciar o curso

  • O profesorado escollerá a editorial e cargará os libros das materias que imparte.
  • O titor/titora proporcionará as credenciais de acceso ao alumnado.
  • O titor/a informará ao alumnado do coidado e uso axeitado do equipo.

Podedes consultar a seguinte documentación:

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=89

É de especial importancia a consulta dos apartados:

  • 1 Introdución a EDIXGAL (completo),

en especial o apartado 1.4 para cargar e facer visibles os libros para o alumnado.

1.4. Incorporación xeral de contidos e recursos á materia

  • 2. O meu escritorio é importante consultalo pero en especial o apartado 2.5:

2.5.Xestión de credenciais para proporcionarlle ao alumnado o usuario e contrasinal para acceder ao EVa.

Xestión de credenciais

No caso de que o alumnado esqueza o contrasinal teremos que restaurala...

restaurar

1. Dámoslle a **Restaurar credenciais**
2. O contrasinal aparecerá visible onde están os asteriscos.
  • 3. EVA offline tamén é de interese en xeral para o inicio do curso.

 

Incidencias e recomendacións

Teléfono de soporte e servizo técnico para familias e alumnado: 881 86 99 00

Teñen que que chamar en caso de:

  • O portátil non acende nin con cargador nin con batería.
  • A batería non carga.
  • Estragouse e xa non funciona algo no portátil.
  • O Touchpad non move o punteiro e/ou non fai click e non pode premer en iconas ou no menú. (Pode conectarse un rato nun porto USB para seguir traballando)
  • O portátil acende pero non sae nada na pantalla, ou queda negra ou vese a raias...
  • Caeu ou levou un golpe e rompeuse algo (a pantalla, a carcasa ou calquera outra cousa)
  • Noutro tipo de incidencias ou mesmo nas anteriores poden/podedes mandarme unha mensaxe coa incidencia a Clara no correo do centro por se fose algo que poidese ter solución sen chamar ao servizo técnico.

Seguro voluntario

A Xunta está a proporcionar un seguro non obrigatorio a 49€ por curso para cubrir posibles incidencias que pode solicitarse no teléfono 881 505 136. +Info no folleto para as familias.

Coidado dos portátiles

Hai que concienciar ao alumnado de que o portátil é delicado e que se non teñen coidado e o estragan ou rompen terán que asumir o gasto da reparación. E non é nada barato...

Teremos que insistir en:

  • Transportar sempre o portátil na funda correspondente, mesmo se teñen que cambiar de aula.

  • Non poñer cousas enriba del (libros, mochila...)

  • Non poñelo onde poida caer e estragarse.
  • Non esquecelo ou deixalo no autobús ou noutra aula...
  • Cando o teñan posto a cargar na casa ou traballen co cargador posto, ollo con tropezar no cable.

 

INFORMACIÓN PARA TRABALLAR CO EDIXGAL

 

 INFORMACIÓN FAMILIAS 

 

 

 

INFORMACIÓN DA REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 5º DE PRIMARIA

 



page | by Dr. Radut