Skip to Content

Fondo Solidario, axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025

ORDE DO 7 DE MAIO DO 2024, PUBLICADA O 20 DE MAIO NO DOG QUE REGULA A PARTICIPACIÓN  NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E  A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

Prazo para presentar solicitudes iniciase o día 21 de maio e rematará o día 21 de xuño. 
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, ou a Chave 365.
 
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial nos centros docentes
 
 ENTREGA DE SOLICITUDES EN HORARIO DE 9:00 A 9:45, NON SE RECOLLERÁN SOLICITUDES ENTREGADAS POLO ALUMNADO.
  
O alumnado de 6º de Educación Primaria deberá presentar a súa solicitude no IES no que cursarán a ESO.
 
A solicitude será única  por familia  do alumando  que estea admitido no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. 
 
 
MODALIDADES:
 
* Participación no fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º de Educación Primaria.- O alumnado matriculado en 5º e 6º de Primaria, cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Poden solicitar igualmete axuda de material.
 
* Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.
 
* Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado  que curse, no 2024/25 Educación Primaria.
 
REQUISITOS
  1. Ter entregado os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2023/2024 antes do 17 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  2. Compromiso de conservar os libros de texto en bo estado.
  3. A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das axudas para a adquisición de material escolar.
 
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
 
  • Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexar os datos.
  • Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:
  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
  2. Cerificado ou volante de convivencia.
  3. Infome dos servizos sociais.
  • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.
  • Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2019, cando non autorice a consulta telemática.
  • Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volente de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titores carezan de DNI ou NIE

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS


 A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º e 4º de EP que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.

Axuda para material escolar.

A contia da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria será a seguinte:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000€: 75€
  • Renda per cápita familiar superior a 6000€ e igual ou inferior a 10.000€: 60€
  • O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE aou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda por importe de 75€ con independencia da renda.

 

ENLACE A PREGUNTAS FRECUENTES

 



page | by Dr. Radut