Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

MAR DE PALABRAS 18 de novembro

Hoxe viñeron a xogar con nos Silvia a mamá de Gio e Jesi a mamá de Lara F. 

Silvia xogou con nos e co Doc. Encántanos o Doc polo que esta vez tíñamos que escoller unha tarxeta dunha imaxe a que lle faltaba a letra inicial e buscala. Levando así o Doc a onde estaba esta letra. 

Jesi encargábase da "pesca do peixe". Sacabamos sen mirar una letra dunha bolsa e rapidamente tíñamos que pescar o peixe que tivera escrita esa letra. Fomos moi rápidos. 

A última actividade consistia en colorear as letras do noso nome. 

O pasamos xenial.

Grazas Jesi e Silvia por vir a pasar este ratiño a nosa aula. 

 

MATES EN FAMILIA 11 de Novembro

Hoxe viñeron a xogar con nos a mates en familia; Jesús o pai de Carmen F, Agustín o avó de Mara e Jose Ángel o avó de Pablo. 

Jesús encargouse dunha actividade con dinosaurios, na que tiñan diferentes pratos con números e tiñan que poñer dentro de cada plato o número de dinosaurios que correspondera. 

Jose Ángel tiña unha bandexa chea de area. Entre a area se encontraban pelotiñas pequenas con números. As nenas e os nenos tiraban os dados e tiñan que buscar a pelota que correspondera o número que saía no dado. E por último, Agustín era o encargado de que a torre non caera. Elas e eles tiraban o dado e tiñan que ir creando unha torre co número de fichas de saíra, así con moito coidado para que a torre non de derramara polo chan.

O pasamos xenial, esperamos que vos tamén. Grazas pola vosa compañia. 

MAR DE PALABRAS venres 4 de novembro

Hoxe viñeron a xogar con nos Carolina a mamá de Aitor, fany a mamá de Lucas e Julia a mamá de Adrián.

Preparamos diferentes propostas que foron todo un éxito. Fany axudounos a encontrar as letras polas que comezaban as imaxes e Julia xogou con nos ao Doc. Nesta actividade tíñamos que levar o Doc a imaxe que comezara pola mesma letra que o noso nome e Carolina xogou con nos a tablet. Nesta tíñamos que escoller unha letra e axudar a Dino a pasar unhas probas.

Grazas mamás por vir a pasar este ratiño con toas e todos.

 

UNHA MAÑÁ TERRORÍFICA

O venres 28 de outubro vivimos unha mañá terrorífica. Vimos todas e todos disfrazados, fixemos un paseo pola clase para ver todos os nosos disfrazes, bailamos e cantamos para comezar a mañá de samaín moooi contentos/as.

A nosa aula convertiuse nun lugar cheo de actividades do samaín; fixemos bruxas monstruosas con purpurina, arañas terroríficas para poñer nos nosos dedos, buscamos coas lanternas que trouxemos da casa obxetos perdidos e escondidos na nosa aula; ollos, mans de esqueletos, cabazas, etc.  E por último, vimos unha película perfecta para estas datas. 

O pasamos xenial!! FELIZ SAMAÍN A TODAS E TODOS.

 

 

 

PARABÉNS AINHARA

PARABÉNS AINHARA!

 

Onte Ainhara cumpliu 4 anos. Hoxe demos as 4 voltas ao redor do sol. Contamos cantas veces pasamos polas estacións do ano, os meses e días, ata chegar a onte. Grazas Ainhara polo teu sorriso sempre, por celebrar con tanta ilusión o teu cumpleanos. Desexamos que o pasaras xenial. 

 

 

MAR DE PALABRAS 21 OUTUBRO

Hoxe viñeron a disfrutar con nos do noso taller de mar de palabras Laura, Victor, Silvia e Alberto. 

Con Silvia xogamos a buscar os ollos dos nosos compañeiras/os e encontrar o seu nome, tíñamos que levar o noso robot DOC a letra pola que comezaba o obxeto que eliximos, a actividade de Victor foi todo un éxito, Laura axudounos a formar o noso nome con letras de madeira e Alberto sacaba dun saco unha letra e o primeiro que encontraba unha palabra que comezara por esa mesma tiña que tocar o timbre. Pasámolo xenial!

Grazas familias por vir. A vosa compañia é o máis importante. 

 

PARABÉNS GIO

PARABÉNS GIO!

 

Gio xa cumpliu 4 anos. Despois de dar as 4 voltas ao redor do sol o celebramos todos xuntos cantando e comendo uns agasallos que son trouxo Gio. 

Moitas grazas, agardamos que disfrutaras moito.

Como recordo de este día, levou para a casa a súa inicial coas fotos dende o día en que naceu ata a foto de esa mesma mañá con xa catro anos. 

 

COIDAMOS AS PLANTAS 1º TRIMESTRE

 

Un ano máis continuamos coa proposta do coidado das plantas. 

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

Neste primeiro trimestre as escargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Marta, Aitor, Adrián, Mara, Martiño y Nuno  

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

CREACIÓN DE PAPEL RECICLADO

 

Antes de irse de vacacións pedímoslles que trouxeran o primeiro día de cole flores secas que foran recolectando durante o verán. Con estas flores creamos papel reciclado.

Cortamos en anacos papeles de periódicos que estaban para tirar o lixo, os deixamos con auga durante uns días, os trituramos e logo os decoramos con as flores secas que deixamos ao sol na parede do colexio ata o día seguinte. Collémolos e cuns selos puxemos os nosos nomes para levalos de recordo a casa.

Traballamos moito pero sobre todo desfrutamos moito do proceso.

 

PARABÉNS LARA!

Lara é a primeira da nosa clase en cumprir despois das vacacións de verán. Volvimos a revisar as fotos dende o día en que Lara naceu ata agora, repasamos con ela as catro voltas ao sol e fixemos unha merendola cos gusanitos que nos trouxo Lara de agasallo.

Agardamos que desfrutaras moito do teu día.

Un bico xigante

 

Distribuir contido