Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
MAR DE PALABRAS 18 de novembro
Hoxe viñeron a xogar con nos Silvia a mamá de Gio e Jesi a mamá de Lara F.
Silvia xogou con nos e co Doc. Encántanos o Doc polo que esta vez tíñamos que escoller unha tarxeta dunha imaxe a que lle faltaba a letra inicial e buscala. Levando así o Doc a onde estaba esta letra.
Jesi encargábase da "pesca do peixe". Sacabamos sen mirar una letra dunha bolsa e rapidamente tíñamos que pescar o peixe que tivera escrita esa letra. Fomos moi rápidos.
A última actividade consistia en colorear as letras do noso nome.
O pasamos xenial.
Grazas Jesi e Silvia por vir a pasar este ratiño a nosa aula.