Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

PDI "PINGAS DE CIENCIA: AUGA, ONDE ESTÁS?(1)

Seguimos adiante co traballo no PDI “Pingas de ciencia”.

Despois de estudar a luz e o aire, neste terceiro trimestre do curso estamos inmersas e inmersos no coñecemento doutro elemento fundamental para a vida, a auga.

Por iso, logo de descubrir as súas propiedades fundamentais, aventurámonos nesta actividade que nos levou a investigar: AUGA, ONDE ESTÁS?

Aproveitando estes días tan soleados xa desde primeira hora da mañá, con botella de auga en man, baixamos ao patio e xogamos a botar auga polo chan e paredes debuxando e creando distintas siluetas que logo marcamos con xiz de cores. Tamén botamos unha pouca auga en dous pratos que puxemos ao sol. 

Logo de crear e experimentar coa auga subimos á clase cunha pequena hipótese no aire; que ía pasar con toda esa auga que botaramos no chan, paredes e pratos?

Para sabela resposta o mellor sería baixar da hora de recreo e  ver que ocorrera. E cal foi a nosa sorpresa? Xa non había gota de auga. Desaparecera. No chan e paredes tan só quebaban as liñas pintadas coa xiz e nos pratos nada.

Pero onde se metera a auga?

Desapareció (dicían uns), marchou (outros), volvió al mar y a los ríos, se filtró para debajo del suelo, se fue a las nubes….

Unha grande experiencia que nos conduciu a unha nova investigación que facer.

UN MAR DE PALABRAS:GRUPOS INTERACTIVOS

Este venres adicámolo ao taller de "Un mar de palabras "foi o derradeiro do curso e tivemos moitísima pena, gústanlnos moito  e promoven gran estimulación. Construimos os nomes de animais, buscamos palabras que faltan para completar o poema "de Juanito el bandolero", completamos os fonemas que faltan e rodeamos as imaxes que empezan polo fonema indicado. 

Desexando empezalos de novo o vindeiro curso con estas familias tan participativas que o fan posible, nais,pais,avoas,avós, tías, tíos, madriñas e padriños.Non podemos estar máis agradecidas, sinceiramente GRAZAS en maiúsculas.

ANIVERSARIO DE UXÍA,PARABÉNS!

Parabéns Uxía polo teu aniversario, tes 5 anos e xa baixamos a túa inicial para montar as túas fotos. Dende principio de curso agardan a que chegue o seu día para preparar o  colgante  e levalo para casa. Ademáis táchanse do listado de 4 anos e anótanse no de 5 , para elas e eles é unha satisfacción. Seguimos o ritual coma en todos os aniversarios , e falamos da vida de Uxía ,de como foi crecendo a medida que daba voltas ao sol.

BIQUIÑOS CARIÑO!

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2022

Moito foi o que traballamos para facer o noso maio con estructura de barco enmarcado no PDI de ciencia e relacionado coa flotación na auga. Puxemos follas de hortensias e camelias  así como  flores de pampillos ,lirios,etc...Un mes ben bonito entre a conmemoración de Florencio Delgado a quen se lle adicou este ano as letras galegas e a chegada do mes das flores "Os nosos Maios".

CONTOS DE BOCA CON JAVI

Este luns tivemos a sorte de ter en contos de boca na biblioteca de centro a Javi ,o avó de Lucas. As nenas e nenos quedaron abraidos coas historias que  contou ,tanto a do raposo ,da serpe, coma dos kikos. Co entusiasmo que contou as historias creou a cautivación total  do grupo.

 

ARREGLOS FLORAIS

Recibimos o mes de maio, mes das flores ,creando arreglos florais para decorar as nosas casas, fixémolos con moito mimo e coidado estimulando os sentidos do olfato, vista,...

Preparamos os xarróns con flores, auga,esponxa e utilizaron as  tesoiras de podar para cortar á medida e colocamólos nos nosos fogares para simbolizar a estación na que estamos. Ante todo o máis importante é  admirar a beleza das flores,a par e orden que transmiten!

Estas son as súas creacións artísticas!

GRAZAS A FLORISTERÍA ÁNGELA GARROTE DE PONTEDEUME.

DÍA DO LIBRO

Un día máis contamos o conto do día, nesta ocasión celébrase o día do libro para o cal escollín un conto mooooooooi especial " EL CANTO DE LA BALLENA" con son ambiental.Ao rematar na biblioteca reforzamos o conto con preguntas como se o coñecían?, se lles gustou?,personaxe especial?, xornada preciosa e gran impacto emocional.

MOMENTOS NO PATIO

Os momentos do patio son realmente fantásticos, crean, imaxinan e comparten. Ás veces collen pelotas, motos, patinetes ou caixas de cartón calqueira cousa lles vale para as súas construccións.

E tamén rebozarse na terra, que lles aporta moita felicidade e ademáis reduce a súa ansiedade e estimula a súa capacidade de aprendizaxe, failles pensar como é o que está tocando neses momentos e asocialo con coñecementos que xa teñen e por riba  están traballando a capacidade de concentración .

De todos xeitos de todos os beneficios o máis importante é o que disfrutan, porque adoran xogar na natureza aínda sabendo que da cousiña velas e velos chegar así a casa.

QUE SINXELO :APRENDEN, XOGANDO E ENSUCIÁNDOSE!

CONTOS DE BOCA:

Celia a nai de Eire foi a nosa invitada para contarnos SI YO TUVIERA UNA PÚA, gustounos moitísimo e é moi recomendable por se queredes facer un agasallo, un conto que gusta a peques e maiores.O ourizo reparte as súas púas e queda sen ningunha para protexerse, HAI QUE SABER DECIR" NON",o que non sabíamos e que no patio estaba esperándonos un ourizo de verdade ben grande,TREMENDA SORPRESA"

!

TALLER INTERACTIVO:MATES EN FAMILIA

O taller de mates levámolo acabo no comedor do centro porque precisábamos lavar as máns a miúdo. Hoxe preparamos platos con decenas de ameixas despois de observalas, tocalas, ulilas e aprender información sobre elas. Outro plato que elaboramos foi un mousse de kiwi e plátano con iogurt e leite condensada,(pelar, cortar,trasvasar,contar culleradas, remexer, limpar e lavar, para despois servir e comer) ,marabillosa actividade sensorial para comparar kiwwi e plátano.Realizamos un xogo de cartas para contar, sumar e buscar o número resultante así como tirada de dados e realizar sumas con semillas de cabaza tinguidas.

SEMPRE AS FAMILIAS NA AULA!

Distribuir contido