Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

ANIVERSARIO DE MARTIÑO!, PARABÉNS

Moitísimas felicidades para Martiño, é o primeiro en cumprir os 5 anos. Xa é o maior e él síntese así tamén. Agasallounos cun  paquetiño especial de marcapáxinas imantadas e chuches, ademáis traía un álbum para que víramos as súas fotos dende que naceu ata esa mesma mañá na que  cumpría os cinco anos. 

Celebración, tirón de orellas coma é o ritual e festexo.Martiño marchou contentísimo co noso agasallo móvil colgante da inicial do nome con fotos.

PARABÉNS MARTIÑO, BIQUIÑOS.

PDI"PINGAS DE CIENCIA":LUZ NEGRA

Un descubrimento máis neste proxecto, "a luz negra". Sesión de pintura de máns, e o que non eran máns ,con posterior secado das mesmas para despois meterse dentro do habitáculo acondicionado de luz negra e espello e  ver o que pasaba. Cando viron que non notaban nada de cor no sol desa pintura fluorescente pensaron que non ía funcionar pero.......MAXIA, alí estaba a pintura súper brillante,  e todo o da cor branca tamén era brillante.

Gran descubrimento!

COIDANDO AS PLANTAS DOS CARACOIS

O noso horto estaba enchéndose de caracois e babosas  que comían os repolos e demáis plantas ,polo que tivemos que poñernos más á obra e investigar que podíamos facer .Dixéronnos que  probáramos o remedio das cascas de ovo ,polo que  xuntamos as que tiñamos na casa e coa axuda do  morteiro e as máns machacámolas ben e llas puxemos arredor para que non subiran os caracois. Agora estamos a esperar e vixiando ,funcionará ou teremos que probar con outro remedio?.

PDI"PINGAS DE CIENCIA":INSTALACIÓN ARTÍSTICA, A LUZ

Primeira instalación artística con lanternas ,macarróns da luz, botellas de cores con confeti e serpentina . Atopáronse cun escenario lúdico con libertad de xogo e acción para despertar os seus sentidos, experiencias e pensamento .

Estaban sorprendidas e sorprendidos por ser a primeira vez decindo ,"podemos facer todo o que queiramos?", e nese intre comezaron o seu xogo simbólico imaxinario moito máis creativo do que era a miña idea inicial. As botellas convertírónnas en vasos e o macarrón da luz en palliñas ,tomándose así cada unha e cada un o seu zume e brindando(eu estaba máis sorprendida ca elas e eles.  

CONTOS DE BOCA

Como vimos facendo desde que comezou o curso, cada mes adicamos un luns a realización desta proposta. Nela as familias da aula participan contándonos: experiencias, lendas, anécdotas, historias,... nas que a VOZ é a principal protagonista.

Este luns acompañounos a familia de Leo para contarnos a súa experiencia na viaxe á Antártida  e os coñecementos que tiña sobre os cachalotes. Cautivou a todo o grupo e remataron creando un cachalote co seu corpo no chan.

Grazas  pola súa participación Mar.

TALLER INTERACTIVO:MATES EN FAMILIA

O derradeiro taller de mates en familia para este primeiro trimestre do curso con un pouco de vida práctica envolvendo uns paquetes ,xogos de nadal nas tabletas,robótica con vocabulario de nadal e realización unha árbore de traballando a cantidade do número 10.

Grazas familias, esperámosvos o vindeiro trimestre.

 

BOLAS DE POMPANDER,ADORNO NAVIDEÑO

 

 Este ano sentimos moito interese por esta manualidade navideña sinxela  que atopamos en internet , pero que ten con moito contido.Cunha laranxa  e cravos en grano creamos este ambientar navideño para purificar  o ar. Tan só tivemos que tachonar a laranxa cos cravos seguindo o patrón pintado ou tallado polas  familias.Esta combinaciónen particular da laranxa e cravo crean un aroma sublime e a nosa clase cheiraba xenial. Creamos un centro de mesa nunha bandexa para a nosa mesa de aula  con todas as bolas realizadas e este é o resultado a Bola de Pompander por excelencia.

Como curiosidade hai moito tempo estas bolas facíanse co ambar gris, unha sustancia do sistema dixestivo dos cachalotes, na época da Peste Negra.

 

PDI CIENCIA:O SANGUE

Estudando o corpo e despois de ver´o sangue no corazón do porco, xurdíu o interese por saber como era, polo que visualizamos uns vídeos sobre o sangue para educación infantil e comezamos a facer a súa composición con elementos da aula. Ampliamos vocabulario con plasma, glóbulos vermellos, glóbulos blancos,plasma, virus, bacterias,...e traballamos no laboratorio de anlíticas da nosa aula. Sentíron a motivación de facer un  debuxo coa composición do sangue e puxéronse máns a obra.

 

TALLER DE FAMILIAS:UN MAR DE PALABRAS

Facemos actividades de lectura de palabras e asociación coa imaxe, iniciarnos no Word escribindo os nosos nomes e o das partes do  corpo humano, o xogo do boli da verdade no que lemos as palabras e se adiviñamos a palabras o boli acéndese e soa un pitido que quere decir que o fixemos ben, polo que fan autoavaliación.E o éxito case sempre é para a tablet ,a maioría é o que vota cando facemos avaliación de todas actividades. 

Gústanos ter as familias con nós, grazas.

CONCURSO:A PATACA MÁIS PEQUENA DA CASA

Para saber quen gañaba o concurso da pataca máis pequena que tiñamos nas nosas casa, tivemos que comparar dunha en unha todas as patacas  para saber cal era a máis pequena. Máis ou menos polo tamaño fomos clasificando todas ,pero nalgunha ocasión tivemos que utilizar a pesa para poder determinar cal era a que pesaba menos para poder clasificala.

Seguimos observando día a día o crecemento da planta das patacas e vemos que  vai moi rápido! mirade!

Distribuir contido