Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PDI "PINGAS DE CIENCIA: AUGA, ONDE ESTÁS?(1)

Seguimos adiante co traballo no PDI “Pingas de ciencia”.

Despois de estudar a luz e o aire, neste terceiro trimestre do curso estamos inmersas e inmersos no coñecemento doutro elemento fundamental para a vida, a auga.

Por iso, logo de descubrir as súas propiedades fundamentais, aventurámonos nesta actividade que nos levou a investigar: AUGA, ONDE ESTÁS?

Aproveitando estes días tan soleados xa desde primeira hora da mañá, con botella de auga en man, baixamos ao patio e xogamos a botar auga polo chan e paredes debuxando e creando distintas siluetas que logo marcamos con xiz de cores. Tamén botamos unha pouca auga en dous pratos que puxemos ao sol. 

Logo de crear e experimentar coa auga subimos á clase cunha pequena hipótese no aire; que ía pasar con toda esa auga que botaramos no chan, paredes e pratos?

Para sabela resposta o mellor sería baixar da hora de recreo e  ver que ocorrera. E cal foi a nosa sorpresa? Xa non había gota de auga. Desaparecera. No chan e paredes tan só quebaban as liñas pintadas coa xiz e nos pratos nada.

Pero onde se metera a auga?

Desapareció (dicían uns), marchou (outros), volvió al mar y a los ríos, se filtró para debajo del suelo, se fue a las nubes….

Unha grande experiencia que nos conduciu a unha nova investigación que facer.