Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

PDI PINGAS DE CIENCIA:CIRCUITOS

Esta proposta de crear circuitos para mover unha pelota de ping pong con vento causou moito interés e amosaron unha adicación exclusiva. Todas e todos tiñan unha motivación moi alta por facer o circuito, organizáronse en tres equipos, diseñaronnos en papel, chegaron a acordos e puxéronse máns á obra.Un circuito realizáronno con ladrillos de foam,outro con pezas de construcción de plástico e o derradeiro con pezas de madeira de Kappla.Descubriron que movendo un cartón creaba unha corrente de aire que desplazaba a pelota, polo tanto podían movelas sen tocalas.

 Podedes ver como se animaban mutuamente. 

DÍA DA NENA E A CIENCIA:SLIME

O venres 11 de febreiro celebramos no centro o "Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia".
Neste día quixemos darlle protagonismo ás nosas nenas de 5º de primaria. Este curso, está inmerso nun proxecto científico de "novos materiais", e é por isto polo que consideramos que esta era a ocasión perfecta de compartir o que estaban a aprender co resto de cursos do centro. 
Unha das propostas que máis éxito tivo dentro do seu proxecto foi a creación de "Slime caseiro" e por iso foi este o experimento que ensinaron e titorizaron no resto de cursos. Dixéronnos paso por paso todo o que tiñamos que facer cunha paciencia infinita e ademais déronnos unha receita por si quixeramos volver a realizalo nalgún momento.
Foi unha experiencia moi moi divertida.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos.

ROSALÍA DE CASTRO:PARECE UNHA ROSA

O 23 de febreiro, as nenas e nenos de Centieiras conmemoramos dun xeito moi especial o Día de Rosalía.

Para isto, desprazámonos ata distintas prazas do concello para recitar uns versos da poetisa.

O alumando de infantil, en compañía das e dos compañeiros do primeiro ciclo de Educación Primaria, fomos ata a Praza do Concello. “PARECE UNHA ROSA” foi o poema que nós preparamos para o día.

Á volta ao cole reproducimos con plastilina que nós mesmos preparamos, a flor representativa de Rosalía, camelias.

Foi todo un descubrimento comprobar que no patio do cole temos varios camelios,17 en total contados por nós. Todos os días na hora do recreo collen estas flores para xogar con elas a todo tipo de xogos pero sen saber, ata hai uns días, de que se trataba da flor preferida de Rosalía.

Un día moi especial co que desfrutamos moito.

 

ENTROIDO DE CIENCIA:APARELLO RESPIRATORIO

 Foi unha semana ben divertida esta do entroido, empezando polas  máscaras de plumas traballando o conteo e as simetrías , e preparando o nariz para o noso difraz  de aparello respiratorio. No ambiente de arte prepararon con bolsas de cartón unas caroutas escalofriantes!

 

Seguindo os mandadiños da Bruxa Encarnación, todos os días empezábamos a mañá cun desfile polo banco para ver o que levábamos posto, servindo así para facer descricións. Aproveitamos o desfile para facer equilibrio sobre o banco ,levando un prato na man e imitando ás camareiras e camareiros levando productos do entroido. Esta foi a nosa motivación para aprender moito vocabulario como, lacón,orella,touciño,vitela,carne salgada, morro,pezuña, rabo,chourizo picante e non picante,grelos, patacas, garavanzos,pan,empanada,orellas doces, freixós,…

TEMPO DE ENTROIDO!

 

PDI"PINGAS DE CIENCIA" AIRE OU VENTO?

Iniciamos proxecto novo dentro do noso pdi de Pingas de ciencia, e preguntamos ao noso alumnado por AIRE OU VENTO?Recollimos a chuvia de idea previas sobre este tema e a partir de aquí empeza a nosa investigación e a aportación de material por parte das familias.

 

CHUVIA DE IDEAS PARA INICIAR PROXECTO:

ASEMBLEA EN CÍRCULO E CONTESTAN LIBREMENTE PEDINDO A PALABRA CUNHA PELOTA.

 

QUÉ ES EL AIRE?

Martín.  Es volar

Martiño : Volar unas cometas

Eire: Un pájaro como si volara

Martiño: El viento

Martín: Cuando corremos muy rápido hacemos aire

Eire: Cando mueves la mano da aire a una cosa, como a una planta. Se mueve todo lo que le da el aire

 

DÓNDE ESTÁ EL AIRE?

Matiño e Liam: En todos los sitios.

Lucas, Eire Aldán: En el cielo.

Eire: A veces el aire aparece y hace un tornado. Cuando soplas y pones la mano se nota el aire

Aroa F. : Es invisible

 

SE MUEVE EL AIRE?

Todos y todas: Sí

Martiño: Sí, como un remolino. Me empuja cuando corro

Aldán: Se mueve por todos los lados

Martín: Cuando corres se nota el aire

Eire: El aire va para todos los lados

 

OCUPA UN LUGAR?, PODEMOS COGERLO Y METERLO EN UN SITIO?

Martiño : No, solo noto fresquito

Liam: Siempre siempre es frio

Fina: Siempre es fresquito?

Todas y todos: Si

Aldán: En algún país es caliente, si lo cogemos con las manos nos sale por los agujeros

Lucas, Eyra, Aroa F. : No podemos guardar el aire

Eire: No se puede guardar porque es como el bicho (Covid) que se cuela por todo

Martiño: El aire es bueno para respirar, pero es malo cuando te enfermas.

 

QUÉ ES EL VIENTO?

Martin: El viento es fresco y hay que poner chaqueta.

Lucas: El viento es el aire

Eire: A veces si el viento es malo te lleva a otro país y cuando hace mucho viento puede haber tornados.

 

QUÉ RUIDO HACE EL VIENTO?

Eire: A veces suena como la “C” o la “S”

Martiño: A veces como la “F”

 

A QUÉ HUELE EL AIRE?

Aldán: A nada

Eyra: A nada

Eire: A nada y a veces a croquetas.

Uxia: No huele a croquetas. A nada.

Aroa F. y Martiño : A nada

Liam: A chuches

 

 

 

PARABÉNS ANTÓN ARES!

Celebramos o aniversario de Antón con moita gracia, porque Antón é moi simpático e él é así, fabuloso.Houbo galletas para tres días, non se acababan nunca, polo que celebramos o seu aniversario tres días seguidos, ningún aniversario durou tanto.

Ademáis de dar as cinco voltas ao sol e xirar a terra, Antón tamén clasificou e ordeou as bandeiras de Fene, Galicia e España(rutina de todos os aniversarios).

Parabéns Antón, moitos bicos para tí, e  perdoa os tiróns de orellas!!

ANIVERSARIO AROA CALVO!

Seguimos sumando alumnado con 5 anos, celebramos o seu aniversario coas fotos que trouxo  dende que naceu ata hoxe que cumpríu 5 anos. Aroa convidounos a unhas lambetadas ben ricas e coloridas.

Parabéns Aroa, moitos bicos de todas e todos!

CIENCIA:COMO NACÍN?

Eire chegou a clase cun libro informativo do corpo humano,  e cal foi a sorpresa de todas e todos despois de miralo por todas partes?  foi o parto do bebé .Estiven rápida e  aproveitei para preguntarlles como naceran , se por cesárea ou parto natural, e  todo o demáis chegou sen querer.Debuxaron o bebé coas cores multiculturais incidindo nas tonalidades de cor carne ,recortado,plastificado,bolsa hermética e auga ,LISTA A NOSA PLACENTA!

Houbo dúas parellas que se ofreceron para ter un embarazo , preparamos todo e dramatizamos unha cesárea e un parto natural, ámbolos dous casos co cordón umbilical por suposto.

Foi precioso!, a sorte que teño de estar na aula e vivir estes momentos.

 

 

CIENCIA: COLUMNA VERTEBRAL

Á volta  das vacacións enseguida puxémonos máns a obra. Tiñamos pendente do trimestre anterior a columna vertebral e así o fixemos na primeira semana. 
Preparamos en equipo unha nota para pedir axuda ás familias ,cantas vértebras ten a columna vertebral dun bebé?, e unha vez recollidos todos os datos e comprobar en varias fontes ,descubrimos que teñen 33 vértebras, máis cos adultos!. Serviunos para traballar o número 33, contar 33,escribir a cada vértebra o seu número ata chegar ao total e pedimos axuda ao grupo de 6ª de infantil para engarza unha con outra. 

O resultado está aquí!Tamén podedes ver a alegría que teñen algúnspor  acertar o número.

ANIVERSARIO DE MARTIÑO!, PARABÉNS

Moitísimas felicidades para Martiño, é o primeiro en cumprir os 5 anos. Xa é o maior e él síntese así tamén. Agasallounos cun  paquetiño especial de marcapáxinas imantadas e chuches, ademáis traía un álbum para que víramos as súas fotos dende que naceu ata esa mesma mañá na que  cumpría os cinco anos. 

Celebración, tirón de orellas coma é o ritual e festexo.Martiño marchou contentísimo co noso agasallo móvil colgante da inicial do nome con fotos.

PARABÉNS MARTIÑO, BIQUIÑOS.

Distribuir contido