Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

PARABÉNS PABLO!

Parabéns Pablo!

O día 3 de decembro Pablo cumpliu 4 anos. Hoxe o celebramos todas e todos xuntos e pasámolo xenial.

Grazas Pablo pola merenda.

Agardamos que o pasaras moi ben.

Un abrazo mooooi forte

O NOSO CALENDARIO DE ADVENTO

Dende o día 1 ata o 20 de decembro levamos a cabo un calendario de advento. 

Neste encontramos distintas actividades para poder desfrutar todas e todos xuntos. 

Escoitamos e bailamos unha canción todos/as xuntos/as elixida polo grupo, enchemos a clase de bloques e fixemos construcións xigantes,

eliximos que película ver na pantalla, levamos pegatinas navideñas, pintamos un mural xigante, cartolinas máxicas, gomas de animais,

decoramos as ventás, puxemos a árbore de nadal, apagamos as luces e xogamos cunha lanterna navideña, palliñas de renos,

pulseiras navideñas, camiñamos coma renos, fixemos unha carreira a pata coxa, decoramos unha estrela que levamos coma colares ou adornos para a árbore,

e sobre todo, desfrutamos de pasar istos momentos coma o equipo que somos. 

 

 

 

QUÉ BOS MOMENTOS!

Resumo dalgúns momentos da nosa vida diaria tanto dentro da aula coma no patio.

Agardamos que pasedes un ratiño de moitas risas.

GRAZAS

 

 

ACTIVIDADES LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA

Nesta recompilación de fotos podedes ver un resumo dos traballos de lecto escritura e lóxico-matemática que fixemos durante o primeiro trimestre.

Comezamos sempre a aproximación o mundo das letras partindo da palabra máis significativa da súa vida: o seu nome. Despois seguimos traballando a fonética de cada letra e deseguido a grafía. Traballando así as letras o léxico e a conciencia fonolóxica.

En canto a lóxica-matemática fixemos actividades de recoñecemento das grafías, orden, conteo, grafía-cantidade, relación do número coa cantidade, construción do número coas perlas Montessori. O colgador de perlas é unha ferramenta moi visual e manipulativa que comezamos a introducir cara ao o final do trimestre que lles permite asimilar conceptos como a cantidade e relacionala así coa grafía. 

As grafías tanto de letras coma de números sempre comezamos con actividades manipulativas, onde traballen os seus sentidos, repasando cos dedos as letras lixas, facéndoas en area, con pintura de dedos, etc. 

Todos os materiais son flexibles e funcionais para todas/os e para o ritmo de cada un/unha. 

Esperamos que desfrutedes como o facemos nos. 

O máis importante é pasalo ben, partindo diso aprendemos unha morea de cousas. 

 

MATES EN FAMILIA 16 de decembro

Hoxe viñeron a xogar a mates en familia Victor o papá de Nuno e Natalia a mamá de Carmen F.

Victor era o encargado de Doc. Elas e eles escollían unha tarxeta que tiña distintas cantidades de personaxes de nadal. Os contaban e despois tiñan que levar a Doc ata o número correspondente.

Natalia fixo con eles e elas unha ficha onde tiñan que colorear os debuxos navideños dependendo do número que se indicara.

Noutro grupo, tíñamos que buscar o número de personaxes e poñer a pinza co número que corresponda.

O pasamos xenial.

Grazas papá e mamá por vir a pasar este ratiño con nos.

GRAZAS

CONTOS DE BOCA 1º trimestre

Este trimestre veu a contos de boca Yaiza a mamá de Ainhara, Julia a mamá de Julia e Laura a mamá de Carmen S.

Contaron contos que trouxeron da casa e que nos gustaron moito. Pasamos un ratiño moi divertido. 

Grazas mamás por vir. 

UN MAR DE PALABRAS 2 de decembro

Hoxe viñeron a un mar de palabras Azahara a nai de Mara, Carol a nai de Aitor, Jeni a tía de Gio e María a nai de Marta. 

Azahara xogou con nos ao xogo das imaxes e das letras que consistía en escoller unha imaxe e poñerlle enriba a letra pola que comezaba. 

Carol tiña un timbre. Este so se podía tocar se sabiamos a resposta. Carol ensinaba unha letra e había que pensar que palabra comezaba por ela e se a sabíamos tocar o timbre para poder dicila. 

Jeni encargábase de revisar o que pescábamos. Tíñamos que meter a nosa man nunha bolsa sen mirar dentro e sacar a foto dunha compañeira ou compañeiro e pescar a letra pola que comeza.

E María, fixo con nos unha ficha onde poñíamos os selos segundo correspondía. 

Grazas familias por vir a pasar este ratiño con nos. O mellor sempre é a vosa compañía. 

Agardamos que o pasárades xenial!

 

GRAZAS

 

PARABÉNS MARA!

PARABÉNS MARA!

 

O domingo 27 de novembro Mara cumpliu 4 anos. O luns o celebramos todas e todos xuntos. Primeiro observamos as fotos de Mara a cada ano que pasaba ata o día de hoxe. Cantamos, bailamos, sopramos as velas e comemos uns agasallos que nos trouxo Mara. 

Agardamos que o pasaras moi ben Mara. 

Un bico moi forte!

PARABÉNS MARTIÑO!

Parabéns Martiño!!

Hoxe Martiño cumpliu 4 anos. Despois de dar as 4 voltas ao redor do sol e observar que Martiño cando naceu era moi moi pequeniño. Pouco se parecia a como é agora. Grazas Martiño pola tua compañia e pola merenda que trouxeches.

Agardamos que disfrutaras moito do teu día. Un bico xigante!

 

MATES EN FAMILIA 25 novembro

Hoxe en mates en familia tivemos a visita de Carmen e Maria, avoas de Martiño, Fran o papá de daniel, Silvia a mamá de Gio e Pablo o papá de Martín.

 

Carmen era era a encargada de revisar que todos e todas tiveran o número de dinosaurios que salian nas tarxetas.

Fran estivo acompañado do Doc, e sacando dunha bolsiña as tarxetas con números tiñan que levar a Doc ata as imaxes das mans que tiveran esa cantidade.

Pablo encargouse de dirixir, quizais o xogo máis popular de hoxe. Tiña auga! Tiñan que coller coas pinzas a cantidade de gomas que sairan no dado.

Maria revisaba que entraran nos limpapipas as boliñas que corresponderan a cada número.

E por último, Silvia fixo con nos unha ficha de correspondencia cantidade e número.

Grazas familias, pasámolo xenial!!

 

Distribuir contido