Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

CREACIÓN DE PAPEL RECICLADO

 

Antes de irse de vacacións pedímoslles que trouxeran o primeiro día de cole flores secas que foran recolectando durante o verán. Con estas flores creamos papel reciclado.

Cortamos en anacos papeles de periódicos que estaban para tirar o lixo, os deixamos con auga durante uns días, os trituramos e logo os decoramos con as flores secas que deixamos ao sol na parede do colexio ata o día seguinte. Collémolos e cuns selos puxemos os nosos nomes para levalos de recordo a casa.

Traballamos moito pero sobre todo desfrutamos moito do proceso.