Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

UNHA MAÑÁ TERRORÍFICA

O venres 28 de outubro vivimos unha mañá terrorífica. Vimos todas e todos disfrazados, fixemos un paseo pola clase para ver todos os nosos disfrazes, bailamos e cantamos para comezar a mañá de samaín moooi contentos/as.

A nosa aula convertiuse nun lugar cheo de actividades do samaín; fixemos bruxas monstruosas con purpurina, arañas terroríficas para poñer nos nosos dedos, buscamos coas lanternas que trouxemos da casa obxetos perdidos e escondidos na nosa aula; ollos, mans de esqueletos, cabazas, etc.  E por último, vimos unha película perfecta para estas datas. 

O pasamos xenial!! FELIZ SAMAÍN A TODAS E TODOS.