Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
MATES EN FAMILIA 11 de Novembro
Hoxe viñeron a xogar con nos a mates en familia; Jesús o pai de Carmen F, Agustín o avó de Mara e Jose Ángel o avó de Pablo.
Jesús encargouse dunha actividade con dinosaurios, na que tiñan diferentes pratos con números e tiñan que poñer dentro de cada plato o número de dinosaurios que correspondera.
Jose Ángel tiña unha bandexa chea de area. Entre a area se encontraban pelotiñas pequenas con números. As nenas e os nenos tiraban os dados e tiñan que buscar a pelota que correspondera o número que saía no dado. E por último, Agustín era o encargado de que a torre non caera. Elas e eles tiraban o dado e tiñan que ir creando unha torre co número de fichas de saíra, así con moito coidado para que a torre non de derramara polo chan.
O pasamos xenial, esperamos que vos tamén. Grazas pola vosa compañia.