IV EDICIÓN DA CAMPAÑA "COME LOCAL"

COME LOCAL | CEIP A Igrexa-Calo. Camiñamos contigo

Durante o mes de marzo no noso comedor escolar puidemos gozar de varios menús feitos con algúns produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade proporcionados a tráves da Campaña "Come Local" , impulsada pola Xunta de Galicia a través de  @experienciasdecalidadedegalicia.

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE 4º DE E.I PARA O CURSO 2024/25

INFÓRMASE QUE, DESDE DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS HABILITARON NO NOSO COLEXIO UNHA UNIDADE MÁIS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS) PARA O VINDEIRO CURSO, POR ISO TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DESTE NIVEL PARA O CURSO 2024/25 ESTÁN ADMITIDAS.

DEBERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA NO CENTRO DENTRO DO PRAZO DO 20 AO 30 DE XUÑO, AMBOS OS DOUS INCLUÍDOS.

8ª XORNADA DO CLUB DE CIENCIAS

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

Rematado o prazo de admisión de alumnado de 4º de Educación Infantil para o curso 2024/25, no noso centro hai máis solicitudes que prazas, polo tanto ábrese un prazo de 10 días hábiles para achegar -presencialmente no centro- a documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude.

O prazo para esta entrega de documentación será do 1 ao 12 de abril de 2024.

O horario para a entrega de documentación o luns 1 de abril será de 10:00 a 12:00 h, e os outros días será de 9:15 a 13:30 h.

CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA

ANPA CEIP CASTELAO e A.D.C. As Mariñas organizan un campamento de Semana Santa para nenos e nenas do CEIP ADR Castelao de Ordes.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO DE MATRÍCULA.

7º XORNADA DO CLUB DE CIENCIAS

Medrar de forma saudábel nun mundo dixital. Charla-coloquio

Moitos son os organismos internacionais que alertan dos perigos do uso das pantallas na infancia, podendo afectar ás capacidades de concentración, aprendizaxe, empatía, frustración ou control de impulsos.

Como centro educativo, dende o CEIP ADR Castelao queremos tomar parte deste debate e convidamos a tódalas nais e pais, ou calqueira que queira, a participar nunha charla-coloquio que terá lugar no CEIP O Cruce de Cerceda o próximo venres 8 de marzo ás 18h.

Luthiers de 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do Castelao exerceu de luthier e neste trimestre fabricamos instrumentos musicais con materiais de refugallo. Parabéns a todas e todos e ás familias que colaboraron na realización deste traballo.

Día de Rosalía (23 de febreiro)

O alumnado de 2º C estivo argallando un vídeo para conmemorar o Día de Rosalía (23 de febreiro).

 

Preme aquí para aceder ao contido

Menú marzo 2024

Este curso 2023-2024 o noso cole é un dos centros escolares participantes na IV edición da "Come Local", unha campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través de @experienciasdecalidadegalicia.

Entre outros obxectos, achegará produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) para dar unha oportunidade de que os nenos e nenas podan degustar dun xantar dunha excelente calidade, con orixe en Galicia e cunha trazabilidade garantida. 

Deste xeito, ao noso centro chegarán fabas da IXP de Lourenzá, iogures ecolóxicos (Craega), tenreira da IXP Ternera Gallega, queixo da DOP Arzúa-Ulloa e Hamburguesa ecolóxica (Craega). En definitiva, uns alimentos saudables e de calidade que fará as delicias das nosas e nosos comensais.

#comelocal2023 #eatlocal2023 @experienciasdecalidadegalicia @slowfoodcompostela #campañacomelocal

Preme na imaxe para descargar os menús