Moitos son os organismos internacionais que alertan dos perigos do uso das pantallas na infancia, podendo afectar ás capacidades de concentración, aprendizaxe, empatía, frustración ou control de impulsos.
Como centro educativo, dende o CEIP ADR Castelao queremos tomar parte deste debate e convidamos a tódalas nais e pais, ou calqueira que queira, a participar nunha charla-coloquio que terá lugar no CEIP O Cruce de Cerceda o próximo venres 8 de marzo ás 18h.