Rematado o prazo de admisión de alumnado de 4º de Educación Infantil para o curso 2024/25, no noso centro hai máis solicitudes que prazas, polo tanto ábrese un prazo de 10 días hábiles para achegar -presencialmente no centro- a documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude.
O prazo para esta entrega de documentación será do 1 ao 12 de abril de 2024.
O horario para a entrega de documentación o luns 1 de abril será de 10:00 a 12:00 h, e os outros días será de 9:15 a 13:30 h.