LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

Con data do 11 de xullo de 2024 publícase a listaxe provisional de admitidos/as no comedor escolar e a listaxe de alumnado en reserva.

Podedes consultala no taboleiro do corredor do centro ou chamando ao teléfono 881880881 da secretaría do centro.

O prazo para presentar alegacións será de 5 días.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

PREME NA IMAXE PARA VER A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025

PUBLICACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS

O martes 9 de xullo sairán as listas definitivas do fondo de libros.

Os vales entregaranse do 10 ó 12 de xullo do 2024 e/ou en setembro.

O Equipo Directivo.

PUBLICACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE FONDO DE LIBROS

O mércores 3 de xullo farase a publicación provisional do fondo de libros. Poderedes consultala na secretaría do centro ou chamando ao 881 880 881. 

Haberá 2 días para reclamar, o 4 e 5 de xullo.

O Equipo Directivo.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2024/2025 DA ANPA

 

ENLACES AOS FORMULARIOS DE MATRÍCULA

FORMULARIO BOS DÍAS COLE.

FORMULARIO CONCILIA TARDE.

DOAZÓN DE LIBROS DE TEXTO

COLABORADOR/A DE COMEDOR ESCOLAR

DOCUMENTACIÓN E PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-25

IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25

ENQUISA DE IDIOMA MATERNO.

INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN SOBRE O TRANSPORTE E O COMEDOR ESCOLAR.

A Escola é Boa

Proxecto A Escola é Boa realizado polo alumnado de 2º de Educación Primaria sobre a vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Preme na imaxe para acceder ao contido

SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024/25

SOLICITUDE DE COMEDOR DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

                        

 

O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR E/OU NO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25 ESTARÁ ABERTO DO 24 DE XUÑO AO 5 DE XULLO, AMBOS OS DOUS INCLUÍDOS.

DEBEDES CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO A SOLICITUDE DE PRAZA E O ANEXO II (MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS), PODEDES DESCARGAR OS IMPRESOS DESTA PÁXINA OU PEDILOS NO CENTRO.

DEBEDES ENTREGAR UNHA SOLICITUDE POR NENO/A E ANEXAR A DOCUMENTACIÓN QUE CORRESPONDA SEGUNDO O CASO. (ESTÁ INDICADA POLA PARTE DE ATRÁS DA SOLICITUDE).

Descargar solicitude aquí.

Descargar Anexo II aquí.

O EQUIPO DIRECTIVO.