Este curso 2023-2024 o noso cole é un dos centros escolares participantes na IV edición da "Come Local", unha campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través de @experienciasdecalidadegalicia.
Entre outros obxectos, achegará produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) para dar unha oportunidade de que os nenos e nenas podan degustar dun xantar dunha excelente calidade, con orixe en Galicia e cunha trazabilidade garantida.
Deste xeito, ao noso centro chegarán fabas da IXP de Lourenzá, iogures ecolóxicos (Craega), tenreira da IXP Ternera Gallega, queixo da DOP Arzúa-Ulloa e Hamburguesa ecolóxica (Craega). En definitiva, uns alimentos saudables e de calidade que fará as delicias das nosas e nosos comensais.
#comelocal2023 #eatlocal2023 @experienciasdecalidadegalicia @slowfoodcompostela #campañacomelocal
Preme na imaxe para descargar os menús
Adxunto | Tamaño |
---|---|
menú marzo.pdf | 484.26 KB |