O pasado día 6 de marzo, o alumnado de 6°A e 6ºB acudiu ao Centro de Interpretación de Parques e Xardíns situado no parque de Belvís para observar a biodiversidade animal e vexetal da zona de Compostela. Despois de repasar os tipos invertebrados que hai, construíron un hotel de insectos que xa quedou instalado no noso colexio. Foi ata unha experiencia e ata tivemos bo tempo!